Galegos emprendedores: Smartbites, Oftagalia, Tecnotauro e P&E


Tal vez sexa un dos poucos efectos positivos da crise económica: apurra o enxeño, estimula a creatividade e fomenta valores coma a disciplina e a calidade. Sei que hai moitos exemplos de superación persoal, de proxectos levados a cabo dende o máis pequeno e remoto lugar, ata a máis populosa das cidades, pero neste caso gustaría destacar catro casos concretos de esforzo, ilusión e traballo: Smartbites, Oftagalia, Tecnotauro e Parafarmacia económica.

Detrás destes proxectos empresariais existen profesionais de tódolos ámbitos, persoas que adican o seu tempo a mellorar os servizos das súas pequenas empresas para ofrecer unha asistencia óptima aos seus clientes. Todos eles partiron do desexo de crecer, de desenvolver e poñer en práctica os seus coñecementos e formación e tomaron a decisión de emprender como un xeito de auto-emprego na actual encrucillada económica na que nos atopamos. Eles non destacan tal vez, por supoñer unha disrupción innovadora no mundo empresarial, pero forman parte do tecido produtivo do noso país, e merecen ser destacados como exemplos e modelos sociais.

Cabe destacar o esforzo destas pequenas empresas por ter unha imporante presencia nos medios dixitais, a través de páxinas web oficiais, así coma nas redes sociais, permitíndolles un continuo contacto cos clientes e a publicación rápida, próxima e barata dos seus servizos e de información relacionada co seu ámbito profesional.

Parafarmacia Económica (que eu tomo a liberdade de abreviala por P&E) xurdiu da idea de mellorar os servizos dunha pequena farmacia, e de achegar os seus produtos a un maior número de clientes. Cómpre recordar que as farmacias están suxeitas a unha férrea lexislación sobre os fármacos, co que unicamente poden innovar e ser creativos no campo da parafarmacia. Para iso crearon a súa propia páxina web na que ofrécense unha ampla gama de produtos, dos que destacaría os personalizados, como as cestas de bebés, así como os sanitarios, como os tensiómetros. P&E pretende pois, reforzar unha empresa xa existente, pero destaca por ofrecer un servizo on-line, un campo pouco explorado no mundo conservador das oficinas de farmacia. Tamén teñen a súa páxina oficial en Facebook i en Twitter.

Tecnotauro é unha saída para adiante. Unha aventura empresarial dun mozo de 30 anos, que canso de traballos precarios, decidiu crear a súa propia empresa de deseño e programación web. Ofrece unha ampla variedade de servizos: deseño, marketing e programación web, todos eles orientados a optimizar o posicionamento de páxinas web e axudar ás empresas a mellorar as súas estratexias de marketing on-line. TecnoTauro é un exemplo de alternativa profesional e un modelo para calquera emprendedor.

Oftagalia é unha consulta oftalmolóxica no casco urbano de Pontevedra. Podería tratarse dunha consulta máis se non fora porque o seu impulsor, oftalmólogo cunha longa experiencia, decatouse da importancia exponencial dos medios dixitais e das redes sociais. Así, Oftagalia ten a súa propia páxina web, que ofrece información e novas de oftalmoloxía, a consulta dende unha conta privada do historial médico do paciente ou incluso probas oftalmolóxicas que poden ser realizadas on-line. Tamén incluíu unha páxina en Facebook.

Para rematar, Smartbites é unha empresa de servizos on-line de venda de produtos gastronómicos de alta calidade ou produtos groumet. Este proxecto empresarial puxérono en marcha dous irmáns ourensáns, froito da falta de oportunidades no mundo laboral e cansos de traballos temporais. Ela, informática, el, hostaleiro, deron un paso cara adiante e combinaron as súas habilidades profesionais para cristalizar nesta aventura emprendedora cun futuro prometedor. Tamén neste caso consideraron que a presenza nas redes sociais é crucial, creando a súa conta en Facebook e Twitter.

Todos eles son mozos, creativos e profesionais con ganas de explorar novos horizontes, capaces de ofrecer novos servizos á sociedade dun xeito diferente. Son os emprendedores galegos, exemplo para todos. Parabéns pola vosa nova andaina e sorte no longo e arduo camiño do mundo empresarial.

Galicia, ese país quebrado


Onte á noite deitábamos coa aterradora noticia dun incendio incontrolado no mesmo corazón das fermosísimas Fragas do Eume, e hoxe batíamos de cheo coa realidade: as lapas seguen queimando cada metro cadrado dunha fraga propia dun conto ambientado na Idade Media, conformado por diferentes especies de árbores, plantas e musgos, de saltos de auga, de regueiros e regatos, dunha rica fauna de insectos, mamíferos e peixes.

Un incendio que semella intencionado, segundo a información aportada pola Xunta de Galicia, evidenciando as carencias dunha sociedade en decadencia. Independentemente de se esta acción pirómana poida estar relacionada cos intereses particulares da implantación dunha mina de andalucita, o que evidencia é unha profunda crise social relacionada cos valores éticos e morais máis profundos. Os pirómanos xorden dunha estrutura social deformada, onde os principios fundamentais de convivencia cambaléanse movidos polo individualismo e a falta de autocrítica, o beneficio fácil e rápido, a devaluación da acción cooperativa fronte a competencia mordaz. Na cegueira da crise económica sentímonos ameazados pola inestabilidade laboral, familiar e persoal, exacerbando un individualismo feroz que nos leva a un “sálvese quen poida”.

A intencionalidade dos incendios teñen a súa orixe nun profundo e intenso desarraigo coa terra, esa que deu de comer aos nosos devanceiros, na que se agochan os segredos da nosa historia, onde están soterradas as lembranzas da nosa nenez. Na súa cegueira converteron verde, azul e amarelo en negro e gris de cinzas poeirentas. Accións con consecuencias fatais, que deixarán a súa pegada pezoñenta da paisaxe do noso país e no corazón dos seus habitantes.

Hoxe síntome aínda máis triste de ser galego. Se hai uns meses o roubo do Códice Calixtino supuxo un golpe para o patrimonio cultural galego, hoxe é o noso patrimonio natural o que perece diante dos nosos ollos impotentes. A situación de Galicia non pode ser máis desesperada. O alto desemprego empurra á mocidade a emigrar e atopar sorte noutros lugares. O noso capital humano desaparece mentres que as nosas herdanzas máis prezadas estráganse no sumidoiro do desprezo colectivo nun contorno fortemente individualista, robustecido por unha crise económica galopante.

Galicia, unha vez máis, quebrada pola carencia dun sentimento colectivo que forneza os piares para manter e coidar o noso patrimonio cultural, natural e artístico. Hoxe máis que nunca cobra sentido iso de “Adeus ríos, adeus montes.

Galego: lingua e identidade


A lingua é o compoñente cultural-social máis importante que temos. Os humanos somos fundamentalmente sociais, e a lingua, que xurdiu inicialmente de sons guturais, inintelixibles, foi dando pasos á asociación obxecto-son, e entón apareceu a palabra, e despois, aínda máis adiante, o pensamento abstracto, os grafemas e alfabetos, a escritura e a lectura. E é que cunha lingua, vai asociada unha cultura, un xeito de pensar particular. Leva aparellada unha serie de características antropolóxicas e filosóficas (entendido coma pensamento social), que van moito máis aló dunha simple sintaxe ou do seu rico vocabulario.

Por iso, cando desaparece unha lingua, non só se perden palabras. Significa o ocaso dunha civilización, dun grupo cultural e social. Que dicir daquelas grandes civilizacións aztecas e maias, ou das pequenas tribos da Polinesia, ou de África, que conseguiron tecer a súa propia lingua ao longo dos séculos co timbre e voz dos seus devanceiros, coa imaxinación e creatividade formando unha estrutura sintáctica e léxica, dotando de nome e palabra a súa vida. As súas linguas desapareceron, pero o máis grave é que perderon a súa identidade. Nos sumidoiros do esquecemento, alá foron repousar a súa visión do mundo, os seus sentimentos, a súa historia.

E nós, os galegos, semella que entramos nesa dinámica auto-destrutiva. Comezamos por ter medo de nós mesmos. De negarnos. E agora esquecémonos de quen somos, sendo indiferentes do xenocidio programado da nosa identidade e cultura. Pero non sexamos inxenuos, isto non é unha consecuencia da globalización, ou do capitalismo salvaxe. Isto é tan só produto do desprezo colectivo da nosa lingua, do que somos. A globalización tan só acelera o proceso.

Non entendo, teño que dicilo, aos que tanto defenden o inglés, pero nin o falan, nin teñen interese en aprendelo; tampouco aos castelán-falantes que falan da agresión ao castelán en Galicia. Despois do peche esta semana do xornal Galicia Hoxe (e despois de teren pechado Vieiros e A Nosa Terra), tan só queda O Xornal de Galicia (que tan só publica parcialmente en galego) como único expoñente da nosa cultura e lingua. O resto dos xornais están escritos exclusivamente en castelán. Máis de vinte canais de TV en castelán e tan só a TVG en galego (e o PP tiña intención de introducir o castelán nesta canle!). Pero esta mesma situación podémola apreciar nas nosas radios e cines. E irá pasando o mesmo co teatro, e demais asociacións culturais defensoras do galego coma canle de comunicación. Tal vez sexa este o concepto de “bilingüismo harmónico” que ten en mente asociacións coma Galicia Bilingüe.

Eses mesmos que alzan a voz a favor das liberdades (para eles) serán os que baixen o machada para cercear a cabeza da nosa identidade e converter o galego nunha lingua morta máis. Pero o resto da sociedade, estaremos contemplando esa execución, se non con compracencia, si con indiferenza, que non está moi lonxe do desprezo. Desprezo de nós. Do que fomos, do que somos, e finalmente, e con tristura, de que seremos.

É por iso, que eu, chamo aos cidadáns galegos, a todos, a todos aqueles que pensen que a lingua galega non é tan só palabras “bonitas” coma “xoaniña”. Non, a nosa lingua é moito máis que iso, é o alento que deixaron os nosos avós e avoas, unha marca que vai alén dos sentimentos; a nosa lingua contén a esencia do que somos, a pegada antropolóxica dos nosos antepasados, a cultura viva na nosa boca e cordas vocais, e un pensamento común que nos identifica co que somos: galegos.

O único xeito de facer fronte a esta nova eiva ao noso idioma tan só pode vir e partir da sociedade, dos cidadáns. As accións teñen que partir de cada un de nós. E para iso temos que emprazar o galego na nosa vida cotiá. Desde o ordenador (sistemas operativos, navegadores, redes sociais, bitácoras) ate a nosa biblioteca (desde Harry Potter ata Sócrates); desde o noso ámbito familiar ata o laboral. Hoxe falar galego semella que tan só é de pailáns e nacionalistas. E isto é algo que temos que mudar. Porque o galego é parte de nós. E renegar da nosa lingua, sería renegar de nós mesmos.

Para rematar, gustaría expoñer unha frase de Lois Pereiro que resume todo o anterior (isto só para os preguiceiros que non queiran ler todo o anterior):

A nosa indiferencia alimentará o proceso de autoxenocidio que vivimos

Los medios de la derecha y el movimiento 15-M


Una vez más los ciudadanos han salido a las calles. Y lo han hecho masivamente y de forma pacífica. Han llenado calles desde Pontevedra hasta Alicante, desde Girona a Cádiz, de Santander a Málaga. Y en Madrid, y en Barcelona. Pero no tan sólo en España. Nuestra diáspora se ha manifestado en Europa y en otros continentes. Silenciar estas movilizaciones es inútil. Pero, ¿qué hacer cuando es una realidad incómoda? El único modo es minimizarlas, o en el peor de los casos, demonizarlas.

No deja de llamarme la atención, que este movimiento, que ha surgido de la indignación inicial de miles de internautas y acabado manifestándose en las calles, provoque tanta repulsa entre los medios de la derecha. Hablan de manipulación de la izquierda, de complot de los socialistas. Nada más lejos de la realidad. Precisamente la mecha fue prendida por el PP, PSOE y CiU al aprobar conjuntamente una ley que cercenaba las libertades en la red. A partir de ahí, se sumaron adeptos e indignados de toda índole, se sumaron frustraciones que dieron lugar al movimiento 15-M.

Decir que los socialistas han orquestado el 15-M es harto absurdo. ¿Organizar un movimiento contra leyes que ellos han aprobado? ¿Un movimiento que apela a no votarles? Cuando menos es meritorio pensar en una estrategia tan retorcida, aunque eso sí, no les falta ni imaginación ni creatividad.

Las reivindicaciones del movimiento se dirigen a puntos muy concretos: listas abiertas, democracia participativa, condena expresa a la corrupción, voto más justo, separación de los tres poderes, un control del sistema financiero, mayor justicia social, eliminar privilegios de políticos y juzgar a los representantes democráticos. Vayamos analizando cada uno de los puntos:

  • Listas abiertas: en la actualidad nuestro sistema electoral se basa en listas cerradas. Es decir, el ciudadano debe votar por un partido; no existe la posibilidad de elegir los candidatos de entre las diferentes listas o al menos, evitar votar a algunos (como los políticos imputados en casos de corrupción). Esta propuesta, en principio, no tiene signo; es decir, no podría encuadrarla ni en la derecha ni en la izquierda. No beneficia a ningún partido. Tan sólo consistiría en otorgar mayor poder de elección al ciudadano.
  • Democracia participativa: este es un punto peliagudo. No debe confundirse la democracia directa con la participativa o semidirecta. La primera también se la conocer como pura; consiste en la democracia en la que la soberanía reside en la asamblea constituida por los propios ciudadanos que quieran participar. Hoy en día sus máximas expresiones son las consultas populares como los referendos, sin embargo como sistema democrático no existe en la actualidad debido a la dificultad de su implantación. La democracia semidirecta o participativa es una dualidad entre el sistema representativo y el directo. Los ciudadanos pueden promover referendos y plebiscitos, dentro de un concepto de consenso nacional en cuestiones relativas a principios básicos y derechos humanos. Es decir, no podría ser promovidas ideas que fueran en contra del interés nacional o que atacasen directamente libertades y derechos básicos de sus ciudadanos o las minorías. En este caso, el movimiento 15-M se muestra claramente a favor de la reforma de la Constitución para introducir la democracia participativa.
  • Corrupción: el 15-M exige un endurecimiento de las leyes anti-corrupción y se muestra favorable a promover leyes que impidan a imputados o corruptos incurrir a las elecciones como candidatos.
  • Voto más justo: este es otro debate controvertido. Se habla de derogar la ley d’Hondt que en la actualidad asigna los escaños o concejales a través de un sistema indirecto y algo complejo. Además se habla de establecer una circunscripción única, aunque sumado a las listas abiertas podría provocar una efecto indeseado: la desidia del votante por la complejidad del sistema de votación (350 candidatos a elegir por partido que se presente en España). Sin embargo, señalan el problema asociado al actual sistema electoral,  que fomenta el bipartidismo, perjudica a partidos minoritarios (IU y UPyD) y favorece a los nacionalistas (por concentración de votos en las provincias). Ya veremos qué opina la derecha cuando Bildu esté en el Congreso.
  • Control del sistema financiero: se defiende la tesis de que una mayor regulación del mercado favorecerá la economía al evitar las temidas burbujas (en los últimos 10 años hemos vivido dos de importante intensidad: la tecnológica del 2000 y la inmobiliaria en el 2008 y siguientes). Está en contra del modelo neoliberal o el “laissez-faire”, que provocó la espiral de especulación financiera en el sector de la construcción en la década de 2000′s.
  • Separación de los tres poderes, legislativo, ejecutivo y judicial: especialmente respecto al último. Se ha comprobado en los últimos años el control de los partidos de los altos tribunales, colocando sus candidatos de ideologías próximas, impidiendo que exista imparcialidad en las decisiones del Constitucional o el Supremo.
  • Justicia social: ante la crisis financiera desatada en 2008 y que se ha prolongado hasta la actualidad los Estados han establecido una serie de mecanismos que permitieran inyecciones de liquidez a la banca para estabilizar el mercado financiero, lo que ha incrementado la deuda pública de los países. En la actualidad el gobierno intenta controlar el déficit del Estado a través de medidas anti-sociales como congelar las pensiones, bajar los sueldos a los funcionarios y aumentar impuestos. Todo ello en un contexto económico y social sin precedentes con 5 millones de parados y con escandalosos beneficios de la banca y los directivos (el último dato señala que los directivos de los grandes bancos han aumentado sus retribuciones en un 30%). Ante tal injusto reparto de beneficios (para los directivos) y de deuda (para el pueblo), el 15-M considera que la banca no debe recibir dinero público para sanear sus cuentas, y establecer límites a las retribuciones de los directivos de bancos rescatados.
  • Eliminación de privilegios: desde sus sueldos hasta sus jubilaciones, pasando por coches oficiales, vuelos en primera clase o caprichos varios.
  • Juzgar a representantes democráticos: permitir que aquellos dirigentes que se demuestre que hayan cometido graves irresponsabilidades en su papel como representantes no solamente sean “despedidos” de sus cargos, sino también juzgados en el que caso de que las consecuencias de sus acciones hayan sido graves. ¿O acaso no es juzgado un cirujano si realiza una operación y mata al paciente?

Tras exponer todos estos puntos, tan sólo alguno de ellos puede resultar incómodo para los neo-liberales: el control del sistema financiero y la imposición legal de límites a las retribuciones percibidas por los directivos de bancos rescatados. Pero los demás puntos no tienen un claro perfil político. Un militante del PP puede defender perfectamente las listas abiertas o las separación de poderes legislativo, ejecutivo y judicial. O estar totalmente en contra de la corrupción.

Muchos medios se han lanzado a criticar con tal virulencia al movimiento 15-M que tan sólo podría pensarse que rechazan de plano todas y cada una de sus reivindicaciones. Si es así, ellos mismos se descalifican, ya que apoyar la corrupción, la injerencia del poder ejecutivo en el judicial, o no otorgar más voz a los ciudadanos, son ideas más propias de tiempos pasados, anteriores a la Constitución y la democracia.

Por lo tanto, los medios afines a la derecha, deberían ellos hacer una reflexión, preguntarse si desean que esa ola de cambios los incluya o por el contrario rechazarla de plano. Pero el pánico de muchos dirigentes a perder un ápice de su cuota de su poder y privilegios hace que esta reforma de la democracia se vea maniatada, y incluso tachada de anti-democrática como bombardean diariamente algunos medios.

Se equivocan. No se excluye a nadie. Si quieren que participen en las opiniones, pero sin descalificar. Ayer los ciudadanos, gente de a pie, llenamos las calles y plazas de España. Cuando menos, nos merecemos un respeto. Que abandonen de una vez su actitud de desprecio y de continuas descalificaciones. O los propios ciudadanos les daremos la espalda.

Recopilación de lo mejor del movimiento 15-M


Sigue habiendo muchos que critican abiertamente el movimiento 15-M. En medios de comunicación. En redes sociales. A partir de algunos actos violentos ocurridos en Barcelona, que por supuesto condeno (aunque lo cierto es que ningún diputado recibió ninguna agresión física, ni un hematoma), tanto partidos, como políticos, así como medios de comunicación se apresuraron a señalar con el dedo acusador a un movimiento que ha apelado siempre al pacifismo y condenado los actos violentos. Llama la atención que la clase política, que una y otra vez ha repetido hasta la saciedad que aunque haya “4 corruptos en política, no se puede condenar a todo su conjunto”, rápidamente haya virado la misma acusación hacia todos los ciudadanos que forman parte del movimiento 15-M tachándolos de violentos, antisistema e incluso kaleborroka, asociando al movimiento a un tipo de violencia callejera organizada y respalda por un grupo terrorista. Uno no puede más que quedarse atónito antes tales afirmaciones.

Pero a lo largo de las siguientes horas, se fue desmontando la acusación de los parlamentarios catalanes, cuando descubrimos sorprendidos que agentes infiltrados entre los manifestantes, los alentaban y provocaban para actuar violentamente, y así justificar las cargas policiales. Un juego muy sucio, que con las nuevas tecnologías, con los cientos de cámaras circulantes entre los ciudadanos, permiten desmontar este tipo de manipulación (http://goo.gl/Pqbcw). Además, la intoxicación informativa ha sido escandalosa en algunos medios como Telemadrid, donde han acusado a los manifestantes de violentos mientras emitían imágenes de manifestaciones en Grecia.

A pesar de los intentos de la clase política de desprestigiar y descalificar a los ciudadanos que se manifiestan pacíficamente reclamando un cambio en sistema, el movimiento sigue creciendo no solamente en número, sino en algo más importante: en profundidad. Numerosos ciudadanos dejan sus testimonios y opiniones en los medios de comunicación, que con claridad meridiana exponen los razones que los han llevado a movilizarse y protestar. Así, podemos leer esta columna titulada ¿Soy yo el violento? de un ciudadano. Algunas joyas nos las han dejado Jorge esta semana, o Cristina hace ya un mes:

Dos ciudadanos anónimos, de a pie, que han sido auténticos portavoces de la desafección política que padece la ciudadanía y la indignación que como ha dicho Cristina nos ha llevado a la acción. Llama la atención que sus mensajes calen mucho más hondo que cualquier mensaje políticos, a pesar de toda la maquinaria de comunicación que poseen los grandes partidos. Y es que mientras que estos últimos se enzarzan en problemas totalmente ajenos a los de los ciudadanos, Cristina y Jorge nos plantean los verdaderos problemas que preocupan a la gente corriente. Denuncian, efectivamente, el control de los medios de comunicación, que desvirtúan la realidad para moldearla al antojo de los representantes democráticos, la banca, las grandes empresas y los ricos.

Pero no solamente ciudadanos anónimos nos han dejado sus brillantes opiniones de por qué debemos seguir construyendo entre todos este movimiento que ha partido, debemos recordarlo, de abajo hacia arriba. Pensadores que encendieron la mecha de la indignación como Hessel o José Luis Sampedro se han unido y han abrazado este movimiento. Sin duda, uno de los mayores activistas que tenemos en nuestro país es Jose Luis Sampedro, que nos ha dejado exposiciones brillantes. Para aquellos que no lo conozcan , José Luis Sampedro es catedrático de Economía, fue subdirector general del Banco de España, miembro de la Real Academia Española (1990) y senador (1977).  En estas últimas semanas ha ocupado nuevamente nuestra atención, tras escribir el prólogo del libro ¡Indignaos! de Hessel. Nos ha dejado algunas entrevistas que merecen la pena ser escuchadas. Yo destacaría, por encima de todo, su apelación a reconquistar la libertad de pensamiento:

Aunque son bastantes vídeos, y alguno un poco largo, merece la pena verlos. Pero además de pensadores como José Luis Sampedro, o ciudadanos anónimos como Jorge y Cristina, también se han sumado a defender el movimiento diferentes periodistas. Así merece la pena leer los artículos: “No más lecciones de democracia” de Antón Losada, “Manifiesto a favor de los indignados y de la democracia” de Juan Carlos Escudier o “Los indignados no son violentos” de Joseba Elola.

Creo firmemente que el movimiento 15-M marcará un antes y un después. Y no porque vaya a cambiar inmediatamente el sistema, sino porque se ha sembrado la semilla. Y ha germinado. Habrá que esperar si sigue adelante o muere en sus primeros meses de vida, pero el paso está hecho. Ahora sólo falta alimentarlo y hacerlo crecer.