
Santiago de Compostela no século XIX
Hai poucos días que escribía sobre a existencia dunha importante rede de curtidorías ás beiras de río Sarela, que tiveron o seu esplendor no século XIX. Hoxe tiven a sorte de asistir á conferencia do excelentísimo Ramón Villares no Ateneo de Santiago, que fixo unha diserción maxistral da historia de Santiago de Compostela durante o século XIX. Obviamente, para un periodo de tempo tan longo, o catedrático de Historia da USC veuse na obriga de limitar a súa exposición a un sinxelo resumo do século, non sen descoidar o eixo vertebrador dos eventos e feitos máis relevantes durante esa etapa.
Villares comeceu a súa exposición suliñando que no inicio do século XIX “Santiago de Compostela era unha cidade abatida“, e citando a un autor da época “víctima del huracán de las revoluciones“. Temos que ter en conta o contexto de comezo do século XIX en España e Europa: no país veciño, Francia, triunfa a finais do século pasado a Revolución Francesa, sendo Napoleón o que toma o poder, e esnaquizando o Antigo Réxime; España é invadida polas tropas francesas no ano 1808, e dará lugar a Guerra da Independencia, que durará 5 anos. En 1812 redáctase a primeira Constitución española, unha das primeiras do Mundo nas Cortes de Cádiz. É dicir, o liberalismo brota en cada recuncho de España. Con todo, España vivirá momentos convulsos, como a Primeira Guerra Carlista entre 1833 e 1840. Coma conclusión, temos que pensar que o siglo XIX foi a transición dende o Antigo Réxime ata as portas no século XX, co progresivo asentamento das reformas liberais. Foi polo tanto un tempo convulso.
Pero, ¿por qué certos autores din que Santiago de Compostela foi vítima das revolucións? En primeiro lugar, o liberalismo abriu a porta dos cambios sociais, e a reinvindicación de dereitos dos cidadáns. Aínda que o Antigo Réxime coidouse moito de evitar a entrada do liberalismo en territorio español, a invasión francesa e a influencia dos afrancesados remataron por derrubar os muros absolutistas.
A Igrexa foi unha das grandes afectadas, sufrindo diversas desamortizaciones e exclaustracións, é dicir, a supresión de conventos e ordes relixiosas e a venda das súas propiedades. Isto supuxo un golpe á economía santiaguesa, xa que os mosteiros coma San Martín Pinario constituía un dos alicerces económicos da cidade.
Ao inicio de século Santiago era a capital da máis rica e poderosa provincia galega, das sete que existían. Os novos gobernantes, influidos pola organización administrativa do territorio francés, puramente funcional, deciden conxugar a realidade histórica das provincias coa funcionalidade das mesmas, dando lugar a provincias de desigual extensión. Santiago perde a capitalidade, e Galicia reduce o número de provincias de sete ás catro actuais. Este é outro golpe para a cidade, xa que as capitais provinciais monopolizarán a meirande parte do crecemento das vilas. Así, a vila compostela perde influencia e poder, e vese abocada ao declive; coma consecuencia, os seus habitantes non verán con bos ollos a nova corrente liberal, e serán pouco sensibles ao liberalismo. Isto reflictirase no posicionamento carlista da cidade no futuro.
Con todo, a chegada de xentes foráneas dará lugar a consolidación dunha pequena industria na cidade. Villares destacou dous comunidades: os vasco-franceses e os cameranos.
Os vasco-franceses establecen unha importante industria dos curtidos en diferentes puntos da cidade, chegando a ser a máis grande e importante de toda España. Importaban coiros desde o porto de Carril, e despois de tratar as peles, estas destinábanse a outras industrias, coma a zapateira. Curiosos e interesantes apuntamentos que fixo o mestre historiador: a industria das curtidorías empregaban moita auga (polo que tiñan que estar preto dos ríos) e tamén as cortizas dos carballos, xa que o seu alto contenido en taninos permitía curtir as peles , isto é: impedía a putrefacción da pel, facíaa imputrescible. E Ramón Villares preguntábase se existía alguna relación do consumo de carballos cos versos pronuniados por Rosalía nos que se lamentaba da desaparición destas árbores na comarca (Padrón podería verse afectada pola súa proximidade a Santiago).
Tamén falou dos cameranos, xentes procedentes de Ortigosa de Cameros (A Rioxa) que modernizaron o comercio, sobre todo o textil, e a banca. A súa influencia foi decisiva para reactivar a actividade económica da cidade.
Cara último terzo de século, destacou o importante papel que tivo o rexurdimento da ciencia a través da Universidade, dando lugar a figuras destacadas como Colmeiro ou Montero Ríos; e así mesmo da Igrexa, que recuperou certos dereitos e propiedades tras padecer durante todo o século XIX leis desamortizadoras e exclaustristas.
Suliñou a importancia de Montero Ríos coma impulsor de iniciativas coma a Lei do Rexistro Civil, o Matrimonio Civil ou a creación da “Institución Libre de Enseñanza” (ILE), co que se reinvidicaba a libertide de cátedra en tempos nos que en España se quería axustar o ensino a normas dogmáticas.
Ademais na cidade, dende as esferas eclesiásticas, procurouse a reinvindicación do Santo Sepulcro e a autenticidade dos restos do Santo Apóstolo. Promóvese unha investigación dirixida dende a Universidade por tres expertos de “recoñecida relixiosidade”: dous médicos e un químico. Os tres conclúen que “as probas non negan a tese de seren os verdadeiros restos mortais do Apóstolo e dous discípulos”; é dicir, que tampouco existen probas que demostren o contrario. Con todo, o Papa, despois de diversas contradicións, sanciona a autenticidade dos restos, e promove a peregrinación a Santiago de Compostela, como viñeron facendo os nosos ancestros na Idade Media. Rexorde a Ruta Xacobea.
Destaca o crecemento urbano da cidade, dun xeito intensivo (reconfiguración das rúas, crecemento en altura das vivendas) fronte o extensivo (creación de novas vivendas, novos arrabaldes).
Un punto importante na nova organización e crecemento da cidade será a ubicación da estación de tren. Curiosamente, a liña estableceuse dende un lugar chamado Cornes, do antigo concello de Conxo (integrado no concello de Santiago a partir de 1925) ata Carril, inagurada no ano 1843. Outro dato importante é que neste lugar naceu Rosalía de Castro., na Casa da Parra. Hoxe en día este lugar situaríase entre a actual praza de Vigo e ata o final da Avenida de Vilagarcía.
O experto sinalou o anómalo dos lugares unidos polo ferrocarril: dende unha cidade que nin tan sequera era capital de provincia ata un porto de mar, cando o común naquela época era unir capitais de provincias entre elas e coa capital do Estado. Explicou que o motivo era sinxelo: o porto de Carril era a entrada das importacións necesarias para a industria e comercio da cidade, coma os curtidos e as fiazas.
Sen dúbida o século XIX foi un tempo de constante transformación da cidade de Santiago de Compostela, e centro de formación de importantes persoeiros da época. ¿Quén dixo que cada día non se pode descubrir algo nova dun lugar, dunha cidade? ¡Cantos segredos ocultos desveloume hoxe Ramón Villares! Dende a miña pequena bitácora, doulle a miña noraboa por tan brillante exposición.
42.433619
-8.648053
Like this:
Like Cargando...