Eleccións galegas 21-O: eleccións en clave nacional


 

É o presidente da Xunta de Galicia a quen lle corresponde a decisión de convocar eleccións anticipadas; con todo, preferiu consultar ós seus aliados antes de anuncialo de xeito apresurado. A convocatoria das eleccións vascas precipitaron ás galegas, e tanto a reforma do Parlamento galego coma a investigación parlamentaria das xestión das caixas galegas quedaron no tinteiro.

As eleccións vascas probablemente eclipsarán ás galegas, onde a sombra do independentismo máis radical opta a ter unha ampla representación no Parlamento vasco: a independencia deste país podería ser unha realidade nos próximos anos (PNV e Bildu poderían sumar máis do 60% dos votos).

Ante tan transcendente feito, as eleccións galegas poderían considerarse coma unha cita electoral máis, carente de importancia. Con todo, Galicia é vista polo Partido Popular (PP) coma o seu termómetro nacional para medir o seu tirón electoral. A perda de Galicia podería supoñer un auténtico revés para o PP, despois da decepción andaluza. E aínda que Rajoy comprometeu a súa palabra de cumprir coa axenda económica e fiscal ditada por Alemaña, caberá a posibilidade de que o propios populares vexan con receo a política do goberno de España, dinamitando o PP e abrindo unha profunda crise interna e incluso escisión dentro do partido.

Feijoo supón unha das mellores bazas do PP. Moderado, discreto, oportuno (que non oportunista), de verba parca pero suficiente, Feijoo asoma na política nacional e quen sabe se podería converterse no próximo candidato do PP á presidencia do goberno de España. Pero antes necesita pasar o exame das eleccións galegas que poderían supoñer o trampolín ao ámbito nacional.

Feijoo xoga moito nesta cita electoral nas súas aspiracións persoais; Rajoy, por outra banda, xoga todo: o seu liderado no partido e probablemente a estabilidade do seu goberno. Unha derrota en Galicia significaría un serio lapote á política do PP; unha vitoria suporía a confirmación de que os galegos confían no PP, na súa política de axustes para superar a crise e incluso a aceptación dos sacrificios por parte dos cidadáns.

Con todo a Rajoy complícanselle as dúas citas electorais coa solicitude dun rescate brando para España, e a máis que probable esixencia de novos sacrificios desde Bruselas. O presidente terá que facer malabarismos de comunicación -cualidade da que carece Rajoy- para convencer a un electorado cada vez máis reticente e distante. ¿Como explicar, por exemplo, ós cidadáns que a creación dunha entidade pública para mercar os activos tóxicos dos bancos con problemas suporá unha factura astronómica ós cidadáns, xusto en plena onda de recortes?

Feijoo ten que convencer por partida dobre: a súa política autonómica e a política nacional de Rajoy. Veremos se é capaz de facer cadrar as contas.

 

Resultados das eleccións locais 2011 en Pontevedra


Non o vou negar. Levei unha sorpresa o domingo pola noite. Cambiaba incesantemente entre a TVG e a canle TVE-24h, entre Galicia e España, batendo nos botóns do mando a distancia compulsivamente. O escrutinio na cidade ferrolá ía coma un lóstrego, aos cinco minutos de comezar o especial eleccións 2011, xa tiñan case o 50% das papeletas lidas. En Pontevedra, coma se adoita dicir, durmía, e cando o resto das cidades pasaran sobradamente da metade do escrutinio, na nosa vila ían polo 17%, con calma. Xa apuntaba Lores. O BNG comezara con 9 concelleiros, e eu ficaba abraiado que as enquisas atinaran con tanta precisión o resultado das eleccións. Foi polo medio do escrutinio cando chegaron aos 10 concelleiros, pero houbo que agardar a case o final para ver os 11, empatando co PP, obtendo case o mesmo número de votos. O PSOE afundíase no sumidoiro das crisis económicas, políticas e internas, caendo ata os 3 concelleiros.

O meu pronóstico tan só atinou cos 11 concelleiros do PP e coa participación, que a cravei no 67%. En canto aos votos en branco subiron un pouco, aínda que non demasiado (2,3%, 1005 votos). Achegueime aos 3 dos PSOE, cando pensaba que quedarían en 4. Pero a verdadeira sorpresa para min foi a subida impetuosa do BNG; eu dáballes coma moito 8 conceillos: finalmente tivo 11. Pero, ¿onde reside o meu erro? Ben, primeiro foi que o efecto do movemento 15-M non foi nin moito menos determinante, e en todo caso moitos dos socialistas decidiron cambiar o seu voto cara os nacionalista. De feito, o BNG, e en concreto Miguel Anxo Fernández Lores, contaba cun respaldo popular máis alto do que sinalaban as enquisas. O candidato popular non mellorou os seus resultados do 2007, incluso perdou 2000 votos a favor de Lores.  E Louro precipitou ao seu partido polo precipicio da pérdida masiva de votos.

Curiosamente o EU-IU conseguiu o 1,63% dos votos preto dos seus mellores resultados de 1995. Pontevedra Alternativa quedou no 1.55% dos sufraxios; UPyD que obtivera na cidade de Pontevedra nas eleccións autonómicas do 2009 o 2,94% dos votos con 1345 votos, nestas eleccións cae en picado e tan só consigue 405 votos (0,93%). O PACMA consigue subir por riba de IC-Praceres, que cae desde o 1,15% que obtivera en 2007, ata o 0,64% (280). Para rematar estaría o partido UCE con tan só 0,15% dos votos (64).

2011 2007
PARTIDO VOTOS CONC. CONC. VOTOS PARTIDO
Color PP PP 17.244 39,52% 11 12 19.387 44,15% PP Color PP
Color B.N.G. B.N.G. 17.130 39,25% 11 7 12.412 28,26% BNG Color BNG
Color PSdeG-PSOE PSdeG 5.803 13,30% 3 6 9.807 22,33% PSdeG Color PSdeG-PSOE
EU 712 1,63% 594 1,35% EU-IU
POAL 677 1,55%
UPyD 405 0,93%
PACMA 319 0,73%
I.C. PRAC. 280 0,64%
UCE 64 0,15%

Polo tanto, o gran triunfador o pasado domingo foi o actual alcalde do Concello e o seu partido, o BNG. Telmo Martín e o PP, a pesar de obter o maior número de votos, tivo que admitir a súa derrota, e o candidato popular anunciou que abandona a política. No PSOE os resultados provocaron a dimisión en pleno da executiva local.

Dos que participaron no pronóstico que publiquei a semana pasada, ningún esperaba unha vitoria tan clara do  BNG e o debacle do PSOE na cidade. Para moitos de nós era claro que o PP ía baixar ou coma moito manterse.

Na miña opinión os resultados poden explicarse do seguinte xeito:

  • BNG: conseguiu aumentar nun total de 5000 votos tras convencer aos electores que o seu modelo de cidade e os diversos premios que obtivo Pontevedra avalaban a súa xestión. Así mesmo, foi o gran beneficiario do debacle do PSOE na cidade.
  • PP: non conseguiu sequera manterse, perdendo 2000 votos e 1 concelleiro. Eu penso que o seu gran erro foi o candidato e un programa pouco creíble, cando o seu partido proclama aos catros ventos a necesidade de ser austero. O PP local contradecíase, e carecía de credibilidade.
  • PSOE: moitos son os factores, aínda que dous son fundamentais: por unha banda, o cambio de candidato, imposto por Madrid, un descoñecido na vida municipal de Pontevedra; por outra, o profundo efecto negativo da xestión da crise económica no Goberno central.
  • Outros: non foron quen de aglutinar o descontento coma aconteceu en Ourense coa entrada dun novo partido. O baixo perfil de todos os candidatos, así coma diversos problemas internos (UPyD) ou a súa pobre evolución histórica (EU-IU, IC-Praceres), non permitiron a entrada de ningún novo partido.
Previsiblemente Lores será o próximo alcalde de Pontevedra, sempre e cando o PSOE o permita cos seus 3 concelleiros.

Pronóstico para as eleccións locais en Pontevedra


Despois de facer unha análise de todos os partidos e candidatos que se presentan as eleccións de Pontevedra, quero facer a miña particular predición dos resultados, sen enquisas nin segundas opinións. Será unha especie de aposta, algo así como “a ver quen acerta”. Invítovos a que deixedes tamén o voso pronóstico e vexamos o domingo pola noite quen se achegou máis aos resultados.

En primeiro lugar, quero dicir que o pronóstico inicial que tiña das eleccións mudou bastante despois das manifestacións de Sol. Non creo que cambie o voto da xente, pero si creo que vai influir na participación. Algo me di que haberá máis participación, é tan só unha impresión. E os votos estarán altamente atomizados en diferentes partidos. Isto pode influir na entrada de novos partidos no Concello. Hai que ter en conta que case un 25% da xente estaba indecisa. Tras o movemento 15-M o máis probable é que ese voto non vaia nin a socialistas nin a populares. O BNG ten un imputado na súa lista electoral, o que pode tamén minar o impulso inicial que tiña. Aínda que esto último non sexa totalmente decidido.

Polo tanto, o meu pronóstico é o seguinte:

  • Participación: como dixen, aumentará a participación. Hai unha gran contestación social contra os políticos, e sen dúbida estas eleccións serán as da “voto-protesta”. Nas eleccións do 2007 a participación foi do 60,5%. Eu digo que aumentará ata o 67%.
  • Votos en branco: nesta si que estou confundido. Uns colectivos chaman a participación, pero votando en branco. Outros advirten que fomentará aos partidos grandes, ao bipartidismo e que polo tanto debe evitarse. Con todo, creo que aumentará un chisco. Nas anteriores eleccións foi un 2.17%, eu digo que será do 3,7%.
  • Resultados:
  1. Partido Popular: Creo que o Partido Popular baixará en Pontevedra. O primeiro motivo é que o candidato non convence. O segundo pode ser que haxa un trasvase de votos cara outras formacións políticas para castigar ao bipartidismo. Nembargante este efecto último será moi pequeno, xa que a base de votos do PP é moi sólida (case o 80% dos seus simpatizantes o votarán, pase o que pase). A miña aposta é que o PP baixará un concelleiro, de  12 que ten na actualidad a 11 concelleiros.
  2. Bloque Nacionalista Galego: o BNG, tendo en conta as enquisas subirá, pero non tanto. Aínda que o movemento 15-M chama a non votar aos grandes partidos, tamén o fai para non votar listas con imputados, coma é o caso do BNG en Pontevedra. A súa campaña foi pobre e sen cambios no futuro, o que pode pasarlle factura. Creo que subirá un concelleiro, dos 7 actuais a 8.
  3. Partido Socialista: o gran castigado destas eleccións. Eu digo que baixará e moito. As causas moitas: o seu candidato é un descoñecido para os cidadáns, a crise económica pasa factura ao partido nacional, o movemento 15-M influirá tamén e moi negativamente neste partido. Baixará 2 concelleiros, quedándose con 4. E non baixa máis porque moitos dos electores votarán a partidos pequenos, o que fai que sexan necesarios menos votos para ter máis representantes.
  4. Outros: Eu predigo que vai haber sorpresa. O que ten máis posibilidades de entrar no concello é UPyD. E non polo seu candidato, nin polo seu programa. Será o voto de castigo aos outros partidos que fará que suba ate ese 5% para acadar representación. Nas últimas eleccións obtivo na cidade casi un 3%, daquela non é tan descabezado pensar que pode alcanzar o 5%. Polo tanto, UPyD terá un concelleiro. Por último, a outra sorpresa será Pontevedra Alternativa. Aglutinará votos de descontentos con todos os partidos, e moitos pontevedreses indentificaranse coas súas siglas. Acadará, polo tanto un concelleiro. O resto de partido non acadará representación na cidade. EU-IU e IC-Praceres nunca conseguiron suficientes apoios, e nesta ocasión, aínda que poidan rentabilizar algo o descontento, quedarán lonxe do 5%.
Polo tanto, o pastel quedaría así distribuido:
Polo tanto, o PP gañará as eleccións, pero en minoría. O BNG e PSOE non poderán obter a alcaldía por falta de apoios. Polo tanto, creo que o PP gobernará en minoría, e terá que chegar a acordos co resto dos partidos para dirixir o Concello.
Esta é a miña predición, moi, moi arriscada. Pero é que sempre me gustaron as sorpresas. Finalmente gustaríame invitar a todos os pontevedreses a achegarse ás urnas o próximo domingo e fagan un voto responsable e reflexivo. Tamén quero dicir que apoio ao movemento do 15-M, pero creo que hoxe deberían recoller todo e marchar para casa, e non interferir na xornada de reflexión nin no día das eleccións. Eu quero democracia real tamén, pero creo que o obxectivo foi máis que cumprido: transmitiu a súa mensaxe á sociedade e agora xa non está soamente en Internet. Espero que sexan responsables e acepten unha tregua de dous días, para respectar aos demais cidadáns que quere exercer o seu dereito ao voto sin influencias alleas. Esperemos que sexa así.
¡E que o domingo gañe a democracia!

Lista de políticos imputados


Me hago eco a través del blog Im-Pulso de la lista de políticos imputados presentes en las listas electorales del 22-M. Se indica su partido, dónde se presentan y sus nombres y apellidos. Atención en Pontevedra, en la lista del BNG figura Raimundo González, imputado por el caso Naturgalia. Pero el PSOE y PP albergan el mayor número de imputados en sus listas. Echadle un ojo, y ejercer el voto con conciencia y cabeza.
Candidatos a las elecciones del 22-M que están acusados de delitos e imputados por la autoridad judicial (relacionados por orden alfabético del partido por el que se presentan y del primer apellido):
BLOQUE NACIONALISTA GALEGO (BNG)
Raimundo González, Pontevedra
COALICIÓN CANARIA (CC)
Jesús Machín, Canarias
CONVERGÈNCIA I UNIÓ (CiU)
Ferrán Falcó, Barcelona
ESQUERRA REPUBLICANA DE CATALUNYA (ERC)
Marc Moreno, Vilaller-Lleida
IZQUIERDA UNIDA (IU)
Carlos Penit, Pinto-Madrid
Antonio R. Torrijos, Sevilla [ver nota]
NUEVA SOCIEDAD PARA EL PUEBLO (NSP)
Antoni Banyeres, Salou-Tarragona
PARTIDO POPULAR (PP)
Jorge Bellver, València
Francisco Camps, València
Ricardo Costa, València
Jesús Dionisio, Madrid
Carlos Fabra, Castelló de la Plana
José I. Fernández Rubio, Las Rozas-Madrid
Ángel García, Guadalix de la Sierra-Madrid
Ignacio García de Vinuesa, Alcobendas-Madrid
Íñigo Henríquez de Luna, Madrid
Raúl López, Coslada-Madrid
Luis Partida, Villanueva de la Cañada-Madrid
Ana M. Pinos, Belmonte de Tajo-Madrid
Míriam Rabaneda, Pinto-Madrid
Vicente Rambla, Castelló de la Plana
José J. Ripoll, Alacant
Miguel Rodríguez Bonilla, Guadarrama-Madrid
José M. Santos, Mazaricos-A Coruña
Clara Torre, Torres de la Alameda-Madrid
José M. Traba, Fisterra-A Coruña
PARTIDO SOCIALISTA OBRERO ESPAÑOL (PSOE)
Mariano Arévalo González, Carabaña-Madrid
Hans A. Bock, Galapagar-Madrid
José A. Cacabelos, O Grove-Pontevedra
Francisco Cuenca, Granada
Natalia de Andrés, Alcorcón-Madrid
Juan J. Díaz Valiño, Castro de Rei-Lugo
José M. Fraile, Madrid
Cristina González, Madrid
Manuel González Rojo, San Fernando de Henares-Madrid
José M. Govantes, Alcorcón-Madrid
Isabel Peces-Barba Martínez, Colmenarejo-Madrid
Trinidad Rollán, Madrid
Xicu Tarrés, Illes Balears
Carmen Toledano Rico, Madrid
UNIÓN CORDOBESA (UC)
Rafael Gómez, Córdoba
UNITS TOTS PER SALOU (UTS)
Esteve Ferrán, Salou-Tarragona.
El partido con más candidatos imputados es el PP, y la comunidad en la que hay más candidatos imputados es Madrid.

Actualización:

Un bloguero de Pontevedra acaba de enviarme una actualización de la lista. Aquí la tenéis:
1- Francisco Camps (PP), Valencia, IMPUTADO Caso Gürtel
2- Ricardo Costa (PP), Valencia, IMPUTADO Caso Gürtel.
3- Xicu Tarres (PSOE), Baleares IMPUTADO Caso Eivissa.
4- Francisco Cuenca (PSOE), Granada, IMPUTADO Caso Morelábor
5- Carlos Penit (IU), Pinto – Madrid IMPUTADO Cohecho.
6- Ferrán Falcó (CIU), Barcelona, IMPUTADO caso Adigsa.
7- Jesús Machín (C. Canaria), Canarias, IMPUTADO Operación ?Unión?.
8- Marc Moreno (ERC), Vilaller – Lleida, IMPUTADO corrupción urbanística.
9- Antonio Rodrigo Torrijos (IU), IMPUTADO Caso Mercasevilla.
10- Raimundo González (BNG), Pontevedra, IMPUTADO caso Naturgalia
11- Jose Manuel Traba (PP), Fisterra Galicia, IMPUTADO Operacion Orquesta
12- Jose Manuel Santos (PP) Mazaricos Galicia,IMPUTADO Operacion Orquesta
13- Jose Antonio Cacabelos (PSOE), O Grove – Galicia, IMPUTADO diversos delitos.
14- Juan Jose Diaz Valiño (PSOE) -IMPUTADO caso Castro de Rei
15- Rafael Gómez (Unión Cordobesa), Córdoba, IMPUTADO caso Malaya
16- Esteve Ferrán (UTpS), Salou Tarragona, IMPUTADO delitos varios
17- Antoni Banyeres (NSP), Salou Tarragona IMPUTADO delitos varios
18- Ignacio García de Vinuesa (PP) (Alcobendas)
19- Jose Ignacio Fernández Rubio (PP) (Las Rozas)
20- Miguel Rodríguez Bonilla (PP), Guadarrama Madrid, IMPUTADO delitos varios
21- Miriam Rabaneda (PP) Pinto Madrid, IMPUTADO delitos varios
22- Luis Partida (PP) Villanueva de la Cañada Madrid, IMPUTADO delitos varios
23- Clara Torres (PP) Torres de la Alameda Madrid, IMPUTADO delitos varios
24- Raúl López (PP) Coslada Madrid, IMPUTADO delitos varios
25- Íñigo Henríquez de Luna (PP) Madrid
26- Trinidad Rollán (PSOE), Madrid, IMPUTADO delitos varios
27- Carmen Toledano (PSOE), Madrid, IMPUTADO delitos varios
28- Cristina González (PSOE), Madrid, IMPUTADO delitos varios
29- Jose Joaquin Ripoll (PP), Alicante Valencia, IMPUTADO caso Brugal.
30- Carlos Fabra (PP), Castellón Valencia, IMPUTADO caso Fabra
31- Mariano Arévalo (PSOE) Carabaña Madrid, IMPUTADO delitos varios
32- José Miguel Govantes (PSOE) Pinto Madrid, IMPUTADO delitos varios
33- Carmen Toledano (PSOE) Galapagar Madrid, IMPUTADO delitos varios
34- María Isabel Peces-Barba (PSOE) Colmenarejo Madrid, IMPUTADO delitos varios
35- José I Fernández (PP), Las Rozas Madrid, IMPUTADO delito contra la ordenación del territorio
36- Miguel Rodríguez (PP), Guadarrama Madrid, IMPTADO prevaricación
37- Ignacio García de Vinuesa (PP) , Alcobendas Madrid, IMPUTADO malversación, prevaricación y negociaciones prohibidas
38- Clara Torre (PP), Torres de la Alameda Madrid, IMPUTADA malversación
39- Miriam Rabaneda (PP,) Pinto Madrid, IMPUTADA prevaricación
40- Raúl López Coslada (PP), Madrid, IMPUTADO prevaricación
41- Luis Partidad (PP), Villanueva de la Cañada, Madrid, IMPUTADO tráfico de influencias
42- Ana María Pinos Belmonte de Tajo (PP) IMPUTADO delito contra la ordenación del territorio
43- Ángel García Guadalix de la Sierra Madrid (PP), IMPUTADO negociaciones prohibidas
44- Íñigo Henríquez de Luna (PP), Madrid, IMPUTADO tráfico de influencias
45- Mariano Arévalo González Carabaña Madrid PSOE condenado por no presentar las cuentas municipales en los ultimos 10 años, etc.
46- José Miguel Govantes (PSOE)Alcorcón Madrid, IMPUTADO condenado por acoso laboral
47- Natalia de Andrés (PSOE) Alcorcón Madrid, IMPUTADA y condenada por un delito de injurias contra el portavoz popular
48- Isabel Peces-Barba (PSOE) Martínez Madrid, IMPUTADO prevaricación
49- María del Carmen Toledano Rico (PSOE) Madrid, IMPUTADO prevaricación
50- Cristina González (PSOE) Getafe Madrid, IMPUTADO prevaricación
51- José María Fraile Parla (PSOE) Madrid PSOE prevaricación
52- Manuel González Rojo (PSOE) San Fernando de Henares Madrid , IMPUTADO prevaricación
53- Hans Antón Bock Galapagar (PSOE) Madrid IMPUTADO prevaricación
54- Jesús Dionisio (PP) Madrid, IMPUTADO prevaricación y tráfico de influencias Bonus: RELACIÓN DE POLITICOS IMPUTADOS POR CORRUPCIÓN EXCLUIDOS POR SU PARTIDO Jesús Javier García García (UPyD) Seseña Toledo, IMPUTADO por cohecho EXCLUIDO por su partido.

Candidatos ao concello de Pontevedra: Antón Louro (PSdG)


Antón Louro Goyanes é o candidato socialista á alcaldía de Pontevedra. De todos os candidatos á alcaldía, Louro presenta unha formación e experiencia exquisita, e o seu perfil político é o máis destable. Foi deputado durante dúas lexislaturas no Parlamento de Galicia e outras dúas no Congreso dos Deputados. E non é o único: ten experiencia coma subdirector xeral de cultura da Xunta, presidente do Ateneo de Pontevedra, vocal da Comisión de Fomento da Cámara Baixa e delegado do Goberno en Galicia. Ademais a súa formación académica é moi destacable: licenciado en Ciencias Químicas, diplomado en Comunidades Europeas e experto en Dirección e Xestión de Programas Culturais. É dicir, que coñece á perfección os procedementos lexislativos, a súa dilatada experiencia en política permítelle facer unha xestión oportuna e a súa formación académica avala a súa capacidade como dirixente local.

Con todo o candidato adoece de falta de experiencia na política local, e non se caracteriza por un estreito contacto dos cidadáns. De feito vive en Campolongo, pero non adoita, coma moitos outros pontevedredes, pasear polas súas rúas e prazas. E así, a pesar de ser unha das cabezas visibles do socialismo galego, é un descoñecido para a cidadáns, o que pode perxudicar claramente a súa elección coma alcalde.

Ademais a súa elección coma candidato estivo marcada por unha forte división interna, que a piques estivo de forzar eleccións primarias. A súa predecesora, Teresa Casal, que acadou certa popularidade e simpatía entre o electorado e socialistas locais, foi “convidada” a retirarse e deixar paso a Antón Louro, o que casou máis dun enfando no partido socialista local.

Pontevedra é a única vila galega que nunca tivo un alcalde socialista. O mellor resultado do socialismo na cidade (22.86% dos votos) nunhas eleccións municipais foi no ano 1987 cando Felipe González era presidente de España e o socialismo vivía a súa etapa dourada. Con todo, no ano 2007, sendo Teresa Casal candidata á alcaldía, os socialistas subiron case 5 puntos porcentuais, chegando moi preto do seu teito (ver gráfico adxunto).

Polo tanto o reto de Louro é farto difícil. Manter os resultados dos últimos comicios será farto difícil, cun socialismo en clara decadencia en toda España e tras perder o Goberno da Xunta de Galicia hai dous anos. Pero non será co único que terá que lidiar. Louro non destaca precisamente polo seu carisma, cun rostro impasible e un comportamento demasiado serio; se a iso se lle suma a súa baixa popularidade, as súas probabilidades de ter éxito son escasas.

Con todo, hai que destacar algunhas cualidades de Louro, coma o seu comportamento impecable e sempre é políticamente correcto. A súa figura contrasta con Telmo Martín ou Lores, cuxos exabruptos nos plenos i en plena campaña  evidencia aínda máis as diferencias.

Entre as medidas que propón o candidato se chega á alcaldía de Pontevedra son a creación de emprego, a promoción da cultura e o patrimonio e o desenvolvemento industrial e económico. Presenta un programa coherente, simple e realista, alonxado dos proxectos faraónicos do PP e máis preto do modelo de cidade dos nacionalistas.

Os puntos fortes do candidato socialista serían, pois, a súa  ampla experiencia na política e nas Administracións públicas, a súa excelente formación e un equipo multidisciplinar con capacidade para afrontar os retos de Pontevedra. O seu programa é realista e próximo á cidadanía, ademais de que Louro conta con contactos a nivel político, económico e social trala súa dilatada vida política.

Os punto febles son o escaso coñecemento e popularidade do candidato, pouca experiencia no mundo municipal, o peso electoral da crise económica, e o súa forte vinculación co partido socialista pode facer que se dobregue aos intereses do partido, e non priorice as necesidades de Pontevedra.

A miña conclusión é que o PSdG o ten realmente difícil en Pontevedra, e todas as enquisas apuntan a un importante descenso do partido na cidade, cun apoio tan só do 15%, o que significaría o peor resultado do partido na cidade desde que se celebran eleccións municipais. Louro terá que esforzarse, e moito, por mobilizar ao seu electorado.