Vai de libros – “A moza que soñaba cun misto e un bidón de gasolina”

2009 Setembro 24
by Luis

milenium2Onte rematei a segunda parte da triloxía “Milenium”, un libro trepidante dende a primeira ata a derradeira páxina, onde cobra un importante protagonismo a personaxe Lisbeth Salander, unha moza de extraordinaria fortaleza e intelixencia, de carácter extremedamente intrivertido e moi celosa da súa intimidade. Desconfiaza e distante, no libro iremos descubrindo un pouco máis sobre ela, mentres non deixa de desenvolverse a acción central, que implicará policías, puteros, xornalistas, e todos os personaxes secundarios que rodean a Salander. Chegas a coñecer con tanta profundidade a esta moza que dache a impresión que é real, e que en calquera momento pode aparecer no mundo real, conducindo unha Harley, o seu pequeno corpo cuberto de negro, os seus ollos profundos, a súa mirada desgarradora, a súa perrera negra caendo sobre a súa faciana, a súa determinación fixando un obxectivo. Sen dúbida é unha personaxe hipnotizante, e poderosa ben construída, identificada e caracterizada.

Nesta ocasión a a revista Milenium investigará o trafficking (tráfico de persoas, neste caso de mulleres para exercer a prostitución) en Suecia. E a partir de aí comezará a acción que centrará a novela, e que desenvolverá unha morea de tramas e homes implicados, homes que non aman ás mulleres. Unha trama que engancha ata a derradeira páxina, e non evitará que coma xa me aconteceu a mín, tiven que seguir lendo a terceira parte, aínda que só fosen as cinco primeiras páxinas.

Un libro bastante bo, non é unha gran literatura, pero a historia paga a pena lela. Recoméndovos este libro pra desconectar de todo; se non o fai o libro o fará Lisbeth Salander, sen dúbida!

Pontevedra capital, ¿e Vigo dunha 5ª provincia galega?

2009 Setembro 23
by Luis

provincia de vigoO tema, teño que recoñecelo que me fai gracia. Un debate totalmente estéril e pobre que tende a ocupar parte dos blogs referentes a Pontevedra e Vigo, cadanseu co seu denigrante localismo, defendendo estupideces decinomónicas que tan só acenden a algúns e son indeferentes a unha grande maioría. Hoxe saía á luz unha nova referente á nova ubicación do Xulgado do Mercantil en Vigo. De seguido tivo lugar unha candente polémica plasmada nos comentarios habilitados no xornal electrónico, unha morea  de vigueses e pontevedreses afiando as línguas bífidas pra insultar e denigrar ao contrincante. Ridículo e patético.

Entendo que pra moitos pontevedreses perder a capitalidade sería unha auténtica catástrofe, mentres que para os vigueses é unha contínua castración ser a cidade máis grande de Galicia e nin sequera ser a capital dunha pequena provincia de España… En fin, cada tolo co seu tema. Vivan os localismos.

Retomando a historia chama a atención que Vigo fora en dúas ocasións capital de provincia:  a capital da prefectura Miño Baixo en 1810 (sistema de prefecturas que intentou establecer José Bonaparte durante a invasión francesa), e capital da provincia que levaba o seu nome en 1822 durante o Trienio Liberal. Mágoa que en ningunha das dúas ocasións o sistema puido aplicarse.

Dende 1833 Pontevedra é a capital da provincia que leva o seu nome, non sen antes ter que pelexar con Vigo pola súa capitalidade. Agora saen algúns berrando sobre a necesidade de crear unha 5ª provincia (a de Vigo), ou retirarlle a capitalidade a Pontevedra a favor de Vigo. Eu, antes de ter que crear unha 5ª provincia estaría a favor de cederlle a capitalidade a Vigo, porque xa hai bastantes funcionarios chupando do bote. Non máis por favor, e non cos meus impostos.

De todolos xeitos o debate paréceme estéril en se mesmo. Eiquí hai que dous puntos fundamentais: un, Vigo é cidade máis populosa, industrial e dinámina de Galicia. E iso non poden negalo os milleiros de pontevedreses que traballan a cotío en Vigo. E Pontevedra é a capital da provincia ininterrumpidamente dende hai 176 anos; Vigo nunca.

E non sexamos alarmistas. É certo que servizos propios dunha capital están a se mudar a Vigo, pero se somos un pouco (e só pido un pouquiño eh!) racionais, entenderemos que non é o mesmo que se trasladen 80.000 persoas a Vigo que 300.000 a Pontevedra. E si, agora os pontevedreses podedes patalear, e berrar, pero é así, e punto. Os pontevedreses en vez de berrar tanto deberíamos facer coma Vigo, intentar crear unha cidade dinámica, industrial (si, pero de xeito ordeado, cunha verdadeira planificación), vital, que atraia a xente de fóra pra traballar. Deixar de ser a cidade dormitorio de Vigo.

E mirade outra cousa: Vigo nunca foi capital, e mirade onde está. E deixádevos de politiqueos baratos, acusando aos políticos deste ou doutro signo da mala fortuna de Pontevedra. Xa está ben. Vigo fíxose atractiva pra a industria ao comezo do século XX (se cadra incluso antes), non hai tres anos. É estúpido dicir que o alcalde Lores ten a culpa de todo, ou que Feijoo quere beneficiar a Vigo fronte a Pontevedra.

O quid da cuestión é a capitalidade é algo secundario. Estamos dentro da mesma entidade territorial e o lóxico e que tendamos pontes pra medrar xuntos, e non dinamitar cada proposta ou paso do veciño. Sería interesante crear esa Área Metropolitana entre Pontevedra e Vigo, dinamizar a provincia e crear postos de traballo. Mellorar as comunicacións con novas estradas, crear unha rede ferroviaria rexional entre ambas cidades e coordinar os nosos portos comerciais pra internacionalizarnos. Esa sería unha provincia que avanza, que ve cara o futuro. Deixémonos de debates estériles e comecemos a traballar XUNTOS!

Vetusta Morla – “La Marea”

2009 Setembro 20
tags:
by Luis

Teño que recoñecelo: sempre son o último en decatarme dalgo. E por iso tan só hai cousa dun mes deume por escoitar a Vetusta Morla, e a verdade é que o seu álbum “Un día en el mundo” encántame. Pero non sei por que, a canción que máis me gusta é “La marea”, sexa pola súa musicalidade ou a voz do cantante, ou que sei eu. Disfrutade da canción:

La marea me dejó arenas de plata,
que pondré en el reloj del tiempo que no pasa.
La marea me dejó islas inundadas,
donde atrapar con mi red una historia de piratas

Tu marea me dejó la piel cuarteada,
la miel en los labios,
las piernas enterradas.
La marea me dejó la piel cuarteada,
la miel en los labios,
las piernas enterradas.

La marea me dejó aromas de un barco,
algas tejidas en forma de desengaño.
La marea me dejó unas conchas sin nombre,
con que el niño hace un collar de un alfabeto que no entiende el hombre.

Tu marea me dejó la piel cuarteada,
la miel en los labios,
las piernas enterradas.
La marea me dejó la piel cuarteada,
la miel en los labios ,
las piernas enterradas.

La marea me dejó cangrejos helados,
agujas de hielo y un libro en blanco.
La marea me dejó los versos borrados.
la tinta, un borrón, un papel mojado

Tu marea me dejó la piel cuarteada,
la miel en los labios,
las piernas enterradas.
La marea me dejó la piel cuarteada,
la miel en los labios ,
las piernas enterradas.

Semana Europea de Mobilidade

2009 Setembro 20
by Luis

Semana Europea de Mobilidade2Hoxe dá comezo a Semana Europea de Mobilidade que procura a concienciación cidadá para fomentar a mobilidade sostible, coma a bicicleta ou o transporte público. Pontevedra é unha das cidades que se uniron a este proxecto e participa con distintas inciativas ao longo de toda a semana.

Unha das actividades nas que todos os cidadáns están convidados a participar é a pedalada convocada para hoxe ás 12 da mañá na praza da Peregrina á que penso acudir coa miña bici.

Chama moito a atención que noutros países onde as condicións meteorolóxicas son moito máis duras (penso nos Países Baixos ou Alemaña), os cidadáns translándanse maioritariamente en bicicleta, ou no seu defecto no transporte público. Tamén hai que ter en conta as dimensións de cidades como Berlín  (na que estiven no mes de xullo), e que non son impedimento pra o emprego da bici. É certo que son cidades xa adaptadas á bicicleta, pero coido que cidades como Pontevedra, Santiago, Vigo ou A Coruña non han de ter maiores dificultades cunha gran capital. Semana Europea de Mobilidade

Eu confeso que non teño carné de conducir, e a verdade é que nunca me faltou nin pra o traballo, nin pra o lecer, nin pra os estudos. Sempre empreguei o transporte público, e recentemente estou empregando máis a bicicleta, que en cidades coma Santiago é moi práctica. Se tiven que ir en coche foi sempre por achegarme a puntos demasiado afastados e sen transporte público.

Está ben o fomento do emprego da bicicleta pero tamén penso que dende as diferentes administracións deberían apoiar con máis afán o transporte público, que en cidades coma Pontevedra brilan pola súa ausencia. De todos os xeitos, hoxe é un día de reinvindicar dun xeito lúdico e festivo, e eu estaría alí aportando o meu pequeno gran de area. Espero que vós tamén vos animedes!

Israel e Hamas cometeron “crimes de guerra”, segundo a ONU

2009 Setembro 15
tags:
by Luis

ataque-a-gaza3A ONU publicou este martes un informe no que acusa a Israel dun uso desproporcionado da forza en Gaza durante a operación chamada “Chumbo sólido”, que comezou o 27 de xaneiro de 2009. A ONU ven a confirmar o que xa naqueles días denunciaba eu no meu blog. O exército israelí non tivo pudor ningún en empregar armas coma as “bombas acio”, ou o “fósforo branco”, armas que non son efectivas dende un punto de vista estratéxico porque non conseguen discriminar obxectivos e causan elevadas mortes de civís (estímase que o ataque israelí matou a 1300 palestinos, un tercio deles nenos, máis da metade civís).

Creo que o informe da ONU chega tarde. As denuncias deben facerse mentres se cometen os crimes, e non agardar a que se poidan cometer crimes conta a humanidade. O forte lobby xudeo en EEUU impide que a ONU poida tomar medidas contra Israel, debido ao veto norteamericano.

Hai que subliñar que en moitas ocasións chegan ata nós toda a información grazas ao xornalismo de investigación ou as ONGs que traballan polos dereitos de milleiros de persoas que infraviven no mundo. En demasiadas ocasións os organismos internacionais e mesmo os nacionais permanecen mudos ante o incumprimento dos dereitos humanos, como aconteceu no caso do ataque israelí.

Non debemos esquecer que Israel aínda segue construíndo asentamentos ilegais, e sostén un bloqueo económico e físico sobre a franxa de Gaza, esmagando a población civil. Incluso os seus veciños exipcios desenténdense deles, e pechan as fronteiras aos palestinos.

Triste a vida dos palestinos, triste a vida en Gaza…

España: “Prohibido fumar”

2009 Setembro 14
by Luis

La Ministra de Sanidad, Trinidad Jiménez ha anunciado hoy que el Gobierno prohibirá fumar en todos los espacios públicos, lugares de ocio y restaurantes. La medida, que ha sido muy mal recibida por los hosteleros, me parece acertada y coherente. Tal vez el único error que debe achacarse a la medida es que llega tarde. En su momento el Gobierno tuvo la oportunidad de prohibir taxativamente el consumo de tabaco en todo espacio público, pero en el último momento se amedrentó y prefirió aprobar una ley laxa que no contentó a nadie: los fumadores pasivos tuvimos que seguir soportando el tabaco y los hosteleros tuvieron que adaptar sus locales (siempre que sobrepasase los 100 m2) a la nueva ley.

CigarrilloCon la aprobación de la nueva ley anti-tabaco se conseguirá ganar en derechos (el que venimos reclamando desde hace mucho tiempo los fumadores pasivos) sin menguar en libertades. Los fumadores no pueden argumentar de manera simplona que coartan su libertad. Es una cuestión de civismo y convivencia. Si usted no me respeta, pierde toda su autoridad moral. Y creo que exponerme a un factor de alto riesgo de cáncer de pulmón cuando yo no lo deseo se considera una falta de respeto de órdago. Y no, no digan que eso es demagogia: cientos de estudios han demostrado la relación causal entre el tabaco y el cáncer de pulmón, además de otras importantes enfermedades coronarias. Esto no es demagogia, son hechos.

He escuchado estupideces como “si prohiben fumar, que prohiban salir a la calle a los que huelen mal, a los que tienen perro, a los que escupen, etc”. Vamos a ver si entendemos el problema: no se trata de una cuestión de mera educación; estamos hablando de salud pública. No se busca recortar libertades; se procura proteger a la sociedad en su conjunto. Y cierto, escupir en la calle, toser en la cara de otro, u orinar en la vía pública son muestras claras de incivismo y falta de respeto. Pero amigo fumador, si usted  se lamenta de todo esto, ¿por qué le molesta que me queje del humo de su cigarrillo? Por favor, hipocresías las justas.

La experiencia en otros países europeos no han podido ser más satisfactorias: ha disminuído el consumo de tabaco y el número de fumadores, la hostelería no se ha resentido lo más mínimo y se todo el mundo disfruta de pubs, restaurantes o cafeterías sin ningún problema. Tanto fumadores como no fumadores han alabado la ley anti-tabaco en sus respectivos países, ya que les ha permitido ganar en calidad de vida. No entiendo el revuelo en España. Sin duda un fumador no dejará de ir a un restaurante porque no pueda fumar. ¿Si le invitan a una fiesta, va a dejar de ir? Lo dudo. A menos que sinceramente no quiera ir, independientemente del tabaco.

Repito: el único error es que la medida llega tarde. Pero con ella ganaremos todos una de las tres cosas que hace falta para ser feliz en la vida: salud.

El culmen de la tele-basura

2009 Setembro 14
tags:
by Luis

En la anterior entrada de mi blog intenté de la forma más objetiva posible buscar las causas que inducen a miles de cientos de jóvenes a emborracharse cada fin de semana, y viendo ciertos programas televisivos no me tiembla el pulso para tomarme un trago. Es increible que ciertos personajes que deberíamos denominar “barriobajeros, vulgares, ignorantes, mezquinos, egoístas e imbéciles” sean capaces de acaparar hasta el 23% del share. Llama la atención y da una idea de hasta qué punto la población busca las miserias del ajeno para sentirse mejor mísero; pero ya se sabe que “mal de muchos, consuelo de tontos”. Y sinceramente, cada vez más creo que la sociedad española está formada por una importante bolsa de gente estúpida, que incrédulamente sigue con atención los pasos de una mujer vulgar, que desgraciadamente ni siquiera es capaz de decir tres frases sin cometer graves errores gramaticales o palabrotas (es decir, que la pobre ni sabe hablar), y que con un par suelta “soy la voz del pueblo. Para que os enteréis todos”. Una voz que cada día escucha más gente.

Belen esteban

Y es que España se caracteriza por mantener e idolatrar a la gente más llana y paleta del país. Pregunta quién es Santiago Ramón y Cajal y la gran mayoría no tendrá la más remota idea. Si preguntas por “la Esteban”, a secas, te pueden contar con pelos y señales su desgraciada vida de vulgaridad. Y lo peor, que es adorada por el público, como si hubiera descubierto la vacuna contra el VIH o la curación del cáncer. Nada más lejos. Sencillamente porque es tan vulgar como la del quinto. Y tiene menos neuronas que el Jesulín (bueno, dejémoslo en tantas como él).

Y lo peor es que esta mujer puede ocupar conversaciones cotidianas. Ya escuché de boca de más de uno/a: “Mejor hablar de ella que de la crisis, o de desgracias, con esto por lo menos de ríes”. Si hijo mío, pero no te da de comer. Y mientras España se hunde en la crisis económica que se ha llevado por delante el 20% de la población activa, tú escuchas a una cualquiera que no te va a enseñar nada más que ignorancia y estupidez. Bravo. La tele-basura se ha convertido en el opio del pueblo; un opio de la mejor calidad.

Pero me pregunto: ¿antes el huevo o la gallina? ¿La audiencia demanda la tele-basura o la tele-basura es la única oferta televisiva? Casi me atrevería a decir lo primero. Y lo peor es que no se respetan los horarios infantiles. Es más, me atrevería de decir que en la sobremesa se puede ser testigo de mayores barbaridades que durante la noche. Es incomprensible. Dejamos la locomotora europea para quedarnos en casa, volviendo a ser otra vez el país de la pandereta. ¡Viva la Esteaban!

Y lo peor es que engancha a hombres y mujeres, jóvenes y mayores. Fabuloso. Mis amigos me critican porque no sigo el corazón. Porque hasta hace dos días no sabía quién era Paquirrín. Y siempre respondo que si esa gente ni me da de comer, ni contribuyen a mejorar la sociedad, no entiendo por qué tengo que conocerlos. Es absurdo. Y menos aún su vida privada, me da igual si salió desnudo/a en la playa o si le puso los cuernos a su marido. Y que además luego entren a juzgar a dichos personajillos presentadores de dudosa moralidad. ¡Viva Jorge Javier!

Y cuando le planteo todo esto a mis amigos, me responden encogiendo los hombros y diciendo: “¿que es una vulgaridad y que gusta? Normal, la mayor parte de la población es vulgar”. Pero, ¿no podría intentar educarse a la gente, y no limitarse a dejar que se retroalimenten con ese tipo de programas?

Por favor, más “59 segundos” y menos “Sálvame”. Ojalá nos salven de esta tortura…

O botellón, ¿reflexo social?

2009 Setembro 13
tags:
by Luis

botellon2La Voz de Galicia abría hoxe a súa portada co debate social en torno ao polémico botellón. Profundizaban na problemática social, nas poucas alternativas ofertadas á mocidade e nas causas do fenómeno. Chama poderosamente a atención que a Xunta de Galicia nunca tomara cartas no asunto, nin co bipartito nin co PP, creando un vacío legal que permite o “todo vale”. Facendo un recorrido por as urbes galegas, vese que tan só Pontevedra, A Coruña e Vigo tomaron iniciativas concretas contra o botellón. Mentres que A Coruña e Vigo tan só prohibiron o consumo de alcol en determinadas zonas da cidade, Pontevedra optou por poñer fin ao problema no casco urbán. Así, tal e como se referencia no xornal galego, Pontevedra foi a cidade que oficializou o fenómeno social creando un “botellódromo”, e prohibindo á súa vez o consumo de alcol en toda a cidade, mellorando considerablemente a calidade de vida dos veciños. O concello bipartito procurou a conciliación de ambalas partes, dos veciños (molestos co ruido, a sucidade e en ocasións co vandalismo) e da mocidade (demandantes dun espazo onde poder “socializarse” -eufemismo que empregan pra dicir alcolizarse-).

Nesta entrada intentarei dar a miña opinión en dúas partes importantes fundamentais do fenómeno: as causas e as solucións.

Causas

É difícil atopar as causas do fenómeno do botellón. A súa orixe atópase nas reunións que facían mozos da clase obreira na rúa nos anos 80. Os mozos bebían na rúa xa que os combinados nos pubs tiñan altos custos e as súas pequenas vivendas impedían as reunións dun grande número de persoas. Con todo, neste tempo o fenómeno non era xeneralizado, e non ocasionaba grandes problemas a nivel social. Os problemas comezaron nos anos 90, cando os botellóns convértense en habituais e masificados.

¿Pero cal é a causa do botellón? Fálase dunha falta de valores da mocidade, ou o desinterese dos pais pola educación dos seus fillos. E é que este fenómeno ten unha orixe multicausal. Á falta de valores, o desinterese dos pais, a pasividade das autoridades, súmase a exaltación social do alcol (destividades gastronómicas regadas con xenerosos caldos; publidade de viños, cervexas,etc; celebracións familiares con abundante inxesta de alcol; e un longo etcétera). España ten unha taxa de consumo total de alcohol per capita superior á media europea, aínda que lonxe de países coma Luxemburgo ou República Checa. Pero analicemos as diferentes causas:

¿Realmente os rapaces carecen de valores? Non é que a mocidade non teña valores. Trátase de que os seus valores están distorsionados, procedendo na meirande parte de internet e dos medios de comunicación. O pouco tempo que dedican os pais á educación dos fillos dificulta enormemente a transmisión de valores. A incorporación da muller ao mercado laboral leva consigo delegar a educación dos fillos. Tamén é certo que os novos pais naceron nun país democrático, de defensa das libertades individuais, da masificación do lecer e da protección social. Diminúe a percepción de esforzo e a súa valorización. As cadeas de televisión aplauden calurosamente a persoaxes mezquiños, ignorantes e egoistas, que transmiten ideas erróneas do que é a moral e a ética. As pantallas están salpicadas no horario infantil de imaxes grotescas (sen ir máis lonxe, hai uns días vin un programa ás 4 da tarde que emitía imaxes case pornográficas que menosprezaban a muller), de xente inmoral e de actos repugnantes.

Por outra banda, a permisividade das administracións fronte aos problemas da falta autoridade (nos colexios, nas rúas…) o único que consegue é profundizar aínda máis o problema. A érronea reforma da educación dinamitou a valorización do esforzo, retroalimentándose entre os rapaces a percepción de que o seu traballo é en balde. De aí a paradoxa española, que temos un grande número de universitarios, pero unha bolsa moi grande mozos que non conseguen rematar os seus estudios secundarios, polarizándose aínda máis a sociedade.

O botellón é unha de moitas consecuencias sociais de todo o anterior. A mocidade non ten un ocio alternativo ao que acudir. A sociedade tan só é capaz de ofrecer festas bañadas en alcol. A pasividade dos pais fai o resto, que confunden moitas veces a libertade coa libertinaxe. Os mozos teñen dereitos pero tamén responsabilidades, e é neste punto onde os pais deben insistir máis. A carencia de responsabilidades distorsiona o timón que dirixe a súa vida. Son coma barcos á deriva.

Solucións

Sen dúbida, se atopar as causas ao fenómeno social do botellón resulta complicado, atopar solucións antóllase imposible. Coa prohibición do botellón non se solucionan os principais problemas: falta de autoridade, carencia de valores, pasividade das autoridades, ausencia dos pais. A solución do problema ten que ser global e multifactorial.

Podería poñerse un periodo de adaptación. É dicir, non prohibir o botellón, senón mudar os gustos e preferencias dos mozos mediante cambios de conducta e cunha ampla oferta de lecer. Paréceme correto o que fixo o Concello de Pontevedra: habilitar un espazo para o botellón (evita a prohibición, e mellora a calidade de vida dos veciños da cidade), ofrecer unha actividade de lecer alternativa (as Noites Abertas, aínda que inexplicablemente tan só foron até maio), campañas educativas (sobre a prevención do alcolismo, drogadicción, transmisión de enfermidades sexuais). Teño que dicir que para que poidan mudar realmente as costumes dos mozos hai que ofertar unha alternativa continua todo o ano, así mesmo coma as campañas educativas, e non quedar nalgo puntual. Con todo, esa a dirección que hai que seguer.

E mentres as autoridades lle botan as culpas aos pais, os pais aos profesores, e os profesores á sociedade, os nosos mozos pasan as horas bebendo (e moitos deles emborrachándose, segundo as últimas enquisas), sen máis alternativas que o botellón no seu ocio.

Conclusión

E non nos confundamos: o problema non é o botellón; o problema é a inxesta de alcol. ¿Qué máis dá no botellón ou no pub? En Inglaterra non fan botellón, pero teñen graves problemas entre a mocidade pola inxesta abusiva de alcol (eu o vin cos meus propios ollos). Non, a pregunta é: ¿por qué os nosos mozos se emborrachan? ¿por que se drogan? ¿qué é o que temos que cambiar entre todos para que as novas xeracións poidan pasalo ben sen alcol e drogas? Este é o verdadeiro debate.

Enxeñosa campaña de marketing

2009 Setembro 11
by Luis

Este video chegou ás miñas mans grazas a un amigo emigrado en Madrid, ao que boto moito de menos. O vídeo é unha campaña de marketing moi enxeñosa, descubride por vós mesmos o vídeo.

Noraboa mamá

2009 Setembro 7
tags:
by Luis

examenXa llo prometera hai varias semanas, pero entre que estiven de vacacións e despois tiven que adaptarse de novo ao traballo, estaba noutro mundo. Quero darlle a noraboa a miña nai, que hai cousa de tres semanas recibiu a notificación da obtención do título de Celga 1. Seino, é o nivel máis baixo sobre coñecementos en lingua galega, pero foi todo un reto pra ela con 60 anos que conta. Coma xa explicara no meu anterior blogue, miña nai é galega pero na súa casa nunca se falou o galego, e agora, aínda que o entende perfectamente, custalle moito falalo.

Pois nada mamá, noraboa, e esperemos que sigas sumando éxitos. Un bico dende o meu recuncho.