Autor

luisO meu nome é Luís. Son de Pontevedra, aínda que por moitos anos vivín no concello de Marín. Licencieime en Farmacia no ano 2005, e fixen diversas estancias en diferentes países da Unión Europea. Agora estou realizando o doutorado en Farmacia, que espero rematar no ano 2010.

Son un apaixonado da Historia, da Política e da Lingua, aínda que non teña moito tempo pra dedicarme a elas. Encántame empregar a lingua galega, e polo tanto son un firme defensor do galego, aínda que non sexa galego-faltante. Entre as miñas aficións está ler (sobre todo novelas, aínda que últimamente leo moitos ensaios), escribir (unha carta, un relato, nunha libreta, no meu blog, nun anaco de papel),  dar unha volta coa bici (polos camiños, polo monte, nos paseos), facer roteiros (no campo, na montaña, na cidade), pasar tempo cos meus amigos (pola noite, polo día, na praia, tomando un café, unha caña, facendo unha churrascada), xantar nunha terraza, nadar no mar, viaxar ao extranxeiro, vivir no extranxeiro, perderme no extranxeiro… e un cento de cousas máis.

Pero unha que sen débida debezo case todos os días é escribir no meu blog. Espero que vos guste moito este pequeno recuncho e que gocedes tanto coma eu del. ¡Benvidos todos ao meu pequeno fogar blogueiro!

Unha resposta leave one →
  1. 2009 Maio 31
    Mafalda permalink

    Hola estoy completamente de acuerdo contigo, sobre lo que escribes acerca de la Depresiòn y el uso indiscriminado de los farmacos.

    Abrazo desde
    Venezuela

Deixa un comentario

Note: You can use basic XHTML in your comments. Your email address will never be published.

Subscribe to this comment feed via RSS