Morre Manuel Fraga


De entre tódolos políticos galegos, Manuel Fraga é cando menos un que non lle pasaba indiferente a ninguén, nin tan sequera aos seus máis acérrimos inimigos, como os nacionalistas galegos. Non me atrevo a dicir que lamento a súa morte: tivo unha vida próspera, 5 fillos e morreu rodeado pola súa familia, aos 89 anos, nun ambiente tranquilo e confortable. É dicir, unha morte que desexaríamos para todos nós.

Se tivera que dicir tres palabras relacionadas con Fraga, eu quedaría con franquismo, Galicia e político. E é que, aínda que este gran camaleón político acadou importantes logros durante a democracia, non hai que esquecer que foi Ministro de Turismo durante o franquismo, e que polo tanto apoiaba máis ou menos ferventemente as ideas falanxistas.

A miña visión sobre a traxectoria política de Fraga non pode ser obxectiva: non promulgo coas teses da dereita que encabezou coa Alianza Popular, na que figuraron algún dos antigos Ministros de Franco, e moitas das súas ideas ou declaracións producíronme verdadeiro noxo. Con todo, Fraga foi un abandeirado galego, e levaba o nome de Galicia alá onde ía. Promoveu unha das leis máis progresistas respecto ao galego, como foi a Lei de Normalización Lingüística, aprobada no Parlamento polos tres grupos políticos con representación. Impulsou e consolidou o Xacobeo e o camiño de Santiago recobrou o fulgor da Idade Media. No caso das infraestruturas galegas hai que dicir que aínda que foi el quen favoreceu a súa construción a meirande parte dos investimentos viñan da UE, e durante o tempo no que Galicia recibía grandes inversións estranxeiras, non se fixo nada por consolidar sectores estratéxicos en Galicia, promovendo outro modelo económico, ao xeito irlandés. Problema, con todo, común en case tódalas comunidades españolas.

Tamén se lle recordará polo súa mala xestión no caso do Prestige, e as terribles consecuencias daquel naufraxio e a posterior nefasta actuación da Administración galega. Tampouco serán esquecidas moitas das súas provocacións contra os homosexuais, comunistas ou xentes varias que non promulgaban coas ideas cristián-católicas.

Un persoeiro populista e popular, acostumado a darse baños de tódolos tipos, baños de masas, baños de gaitas, baños en Palomares. Era amado e odiado por igual, e é que non deixaba indiferente a case ninguén. A Historia é agora quen o xulgará para ben ou para mal. Pero para moitos de nós xa formará parte daquela outra forma de facer política, o fraguismo. Polo de agora, tan só dicir: descanse en paz, señor Fraga.

El Guerrero Suevo, o meu novo proxecto persoal


Hoxe botei a andar un novo proxecto persoal, El Guerrero Suevo, un blog exclusivamente en castelán. Xa hai tempo que me rondara na cabeza a idea de publicar neste blog unicamente en galego, por unha razón homoxeneidade e coherencia, e abrir un novo blog de contido en castelán. É dicir, que o blog El Guerrero Suevo non será un substituto deste, senón o seu complementario en castelán.

No primeiro artigo de El Guerrero Suevo explico o por que deste nome, e os temas que tratarei. Eu tan só espero que vos guste este novo blog, e que gocedes tanto lendo os artigos tanto como o facedes neste.

El Gen Egoísta – Richard Dawkins


Existen ciertos libros verdaderamente poderosos, de los que te hipnotizan desde la primera página, y te sumergen en las profundidades de una reflexión agónica, que desbarata a golpe de argumentos contundentes y firmes cada una de las ideas apuntaladas a golpe de repetición en cada recodo de nuestra mente. Estos días leo The Selfish Gene (El Gen Egoísta) de Richard Dawkins. En este magnífico ensayo, Richard Dawkins, biólogo evolucionista, nos relata con una precisión milimétrica la evolución de la Tierra, desde la formación de las más simples moléculas biológicas hasta el ser humano. Este ensayo, publicado en 1976, catapultó a Dawkins a la fama, y acercó la compleja teoría de la evolución a los entornos no académicos.

Dawkins pretende explicar nuestra existencia, y bucea en las entrañas de los desconocido, retrocediendo millones de años, braceando exquisitamente en el gene pool o piscina genética. Excitante desde la primera página, no duda en calificar a todos los seres vivos de la Tierra como meros “contenedores de genes“. Llama la atención su explicación sobre la formación de las primeras moléculas orgánicas y las que posteriormente serán macromoleculares. En esta primera sección, que alcanzo a comprender bajo el paraguas de la termodinámica, explica cómo las moléculas tienden a agruparse formando moléculas más complejas. Algunas se forman con el soporte primario de otras, como si se tratara de un molde. Sin embargo, en cierto momento, las moléculas comienzan a realizar algo sorprendente: comienzan a replicarse. Y esto cambiará todo, cambiará toda la Tierra. Y estas moléculas, primitivas, simples y arcaicas, darían lugar posteriormente a los actuales genes.

Una teoría fascinante de Richard Dawkins es sobre la capacidad de los genes de crear una estructura y una maquinaria compleja para protegerlo de ser corrompido o dañado por el entorno u otras moléculas. Dicha estructura y maquinaria no es otra cosa que los organismos: desde la más simple célula hasta el organismo más complejo (el ser humano, por ejemplo). Los genes perfeccionan sus “contenedores” (nosotros) para poder propagarse en la próxima generación. Un teoría fascinante.

Pero, ¿qué somos los humanos? ¿Simples instrumentos? Podemos intuir que nuestros genes gobiernan gran parte de nuestra conducta (atracción sexual, reproducción, paternidad, protección de la prole). Nuestra existencia, nuestras vidas, se limitan a la de ser pequeños eslabones, o plataformas, en las que los genes se intercambian y saltan de una generación a otra. Nuestros genes saltarán durante generaciones o incluso sobrevivirán a nuestra especie (como ya ha sucedido con innumerables que forman hoy parte de nosotros).

¿Qué somos pues los humanos? ¿Tiene sentido nuestra existencia? Es fascinante pensar que un día, todos los humanos desapareceremos. La Tierra se extinguirá envuelta a una nebulosa de gases y explosiones mientras se colapsa nuestro Sistema Solar. La Vía Láctea se expandirá y encogerá dando lugar a un terrorífica explosión. Y sí, finalmente, todo el Universo sucumbirá, y toda su materia y energía se sumarán para expandirse nuevamente con otro Big Bang. Y mi pregunta es: ¿somos el resultado el primer Big Bang? ¿O sólo uno de tantos?

Galicia: ¿hai futuro?


Este Nadal puiden pasalo na miña terra. Unha visita fugaz e se cadra un pouco triste, vendo as dificultades económicas e sociais polas que está pasando Galicia e España nestes tempos. Alá por onde fun, fora na farmacia, no supermercado, na facultade, ou nun pub acompañado polos amigos, o pesimismo afogaba cada conversación. Moitos expresaban o seu pesar polo futuro, e afirmaban que de seguir así emigrarían antes ou despois.

Os estudos demográficos non deixan lugar a dúbida: que cada mes Galicia perda arredor de mil habitantes é un dato moi preocupante. Moito máis cando isto está tendo lugar no contexto económico actual, no que a mocidade opta por emigrar, e os vellos enchen vilas e aldeas galegas. A pirámide demográfica de Galicia está dándose a volta, o que converterá a nosa comunidade nunha rexión estéril sen peso demográfica en España. Non só desaparecerá a nosa lingua; tamén as nosa cultura, as nosas tradicións e costumes.

Se cadra as perspectivas son aínda peores se consideramos o rural galego, afectando principalmente a Lugo e Ourense, baleirándose a pasos axigantados. No noso rural aínda se conserva moita da nosa riqueza cultural, cuxo futuro é desolador.

Pero por riba de todo, dificulta a viabilidade da propia comunidade. Hai tres factores que contribúen a isto: o envellecemento da poboación; a emigración da mocidade; a incapacidade de atraer inmigrantes, retornados ou non. Galicia necesita unha serie de medidas para reverter estes parámetros, que soamente pode resolverse mediante as reformas estruturais apropiadas, dinamizando a economía:

  • Apoiar decididamente sectores que potencien a innovación e a tecnoloxía, fomentando a creación de novas empresas de perfil tecnolóxico e internacional. Colaboración estreita coas Universidades públicas para a consolidación do tecido empresarial e o futuro profesional dos estudantes. Creación de viveiros tecnolóxicos nas Universidades.
  • Optimizar recursos públicos clave:
  1. Educación e investigación: internacionalización da Universidade de Santiago de Compostela e a mellora dos seus servizos (ofrecer parte das materias en inglés; mellora dos grupos de investigación, apoiando aos máis dinámicos; creación de spin-offs e viveiros tecnolóxicos) e peche das Universidades de A Coruña e Vigo, ou especialización das Universidades, pechando facultades duplicadas noutros campus.
  2. Aeroportos: incrementar os servizos e recursos do aeroporto da Lavacolla (conexión co AVE, apertura de novas rutas internacionais, abaratamento das taxas para impulsar a implantación de novas liñas aéreas, etc). Peche dos aeroportos de Alvedro e Peinador.
  3. Portos marítimos: especialización dos portos no transporte de mercadorías. Conexión co AVE para o seu transporte ao longo do territorio español.
  4. Transporte ferroviario: finalización das obras do AVE.
  • Eliminar duplicidades nas Administracións públicas: fusión de Concellos para a optimización de recursos públicos, peche das Deputacións provinciais.
  • Apoiar os acordos comerciais con países emerxentes (fundamentalmente Brasil).

De modo que o único xeito de atraer poboación cara Galicia é mediante a modernización e dinamización económica da rexión. Facer de Galicia unha comunidade competitiva internacionalmente, dunha potencia económica. Nun mundo globalizado necesitamos ser competitivos a nivel global. Xa non competimos con outras comunidades autónomas, ou países europeos: competimos cos chinos e cos indios. Necesitamos unha visión global pra afrontar os retos globais.

Resumen 2011


The WordPress.com stats helper monkeys prepared a 2011 annual report for this blog.

Here’s an excerpt:

The concert hall at the Syndey Opera House holds 2,700 people. This blog was viewed about 33.000 times in 2011. If it were a concert at Sydney Opera House, it would take about 12 sold-out performances for that many people to see it.

Click here to see the complete report.