As fábricas de curtidos do río Sarela


Ás veces atopamos agradables sorpresas na nosa cidade. É certo que cidades históricas coma Santiago de Compostela invitan a atopar recunchos que non coñeciamos e que son verdadeiras testemuñas da historia local. Ademais os espazos naturais desta cidade invitan sempre a mergullarte nos tranquilos paseos á beira dos ríos, con fileiras de árbores de benefactoras sombras. Decidín pois, adentrarme no paseo que bordea o sinuoso río Sarela. Comecei o camiño na carballeira de San Lourenzo, onde fermosísimas e centenarias árbores de retortas ramas invitan a mirar caro o ceo.

Carballo de San Lourenzo

Seguindo polo medio do carreiro que atravesa a carballeira, decátome que os meus pasos lévanme polo camiño de Santiago que vai ata Fisterra. O sinal indícame que aínda faltan 88 km para chegar ao lugar que os romanos consideraban Finis Terrae.

O Camiño de Santiago

Baixo a modiño ata a Parroquia de San Fructuoso, onde aínda están os restos dunha das antigas fábricas de curtidos, zarrapicadas á beira do río Sarela nos arrabaldes da cidade.

Ruinas da fábrica de curtidos de O Carme de Abaixo

Entre os séculos XVIII e XIX abriron ata 8 fábricas de curtidos á beira do río Sarela, nas que obtiñan, tralo tratamento dos coiros, zapatos, correas, etc. Tiveron o seu esplendor durante o século XIX e traballaron ata metade do século XX. A pesar do seu abandono, deixaron a súa impronta na paisaxe do río.

As fábricas de curtidos establecéronse na marxe do río Sarela por dous motivos principais: pola súa necesidade do emprego de abundante auga, polo que tiñan que estar preto dos ríos; por outra banda, o proceso de tratamento dos coiros producía un desagradable fedor que forzou a estableceren este tipo de fábricas no arrabaldes da cidade, neste caso preto do río Sarela.

Deixando a man esquerda a fábrica de curtidos de O Carme de Abaixo e mai-lo camiño de Santiago a Fisterra, subo a contracorrente o río Sarela. Atopo algúns pequenos saltos de auga que chean co seu murmurio o silencio do entorno. As follas das árbores cobren o carreiro, evitando que a bochornosa calor afogue ao paseante.

Pequeno salto de auga do río Sarela

Proseguindo coa miña ruta, chego ata o que parece ser un muíño semi-derruido, cunha pequena ponte para se comunirar coa veciñanza. A maleza apenas deixa adiviñar o contorno do edificio.

Muiño ao carón do río Sarela

Interior do muíño

Sego o meu camiño. Abraia ver as casas tan próximas ao río, co alto risco de inundación que hai durante o inverno. Con todo, é fermoso ollalas así tan preto da auga.

Casas próximas ao río Sarela

Chegando ao final, atopei esta casa abandonada no alto dunha colina. Eu chamaría a foto explosión da natureza. Sen dúbida fermosa.

Explosión da natureza

Recoméndovos a todos, seades de Santiago de Compostela, ou visitantes, fagades o roteiro do río Sarela, fermoso dende o principio ata o final.

About these ads

13 reflexións en “As fábricas de curtidos do río Sarela

  1. Si, e tamén sei que “picheleiro/a” ven da palabra “pichel”, que é unha especie de xarra de metal, en xeral de estaño. A orixe deste termo é a rivalidade que existía entre as vilas galegas, xa que “picheleiro” é un termo despectivo; era un modo de insultar aos composteláns. A industria do estaño tivo moita importancia na cidade de Compostela, ademais da longa tradición de artesáns prateiros acibecheiros na mesma. De aí o insulto.
    Bicos

  2. A wikipedia fai moito mal!! freak!que eres un freak!! qué va…xa sabes q me encantou a túa explicación…isto pode dar moito de sí…ata para inaugurar o meu blog e todo! (e que todavía non teño blog…nunca souven de qué escribir).bicos

  3. Pingback: Santiago de Compostela no século XIX | A Eiriña de Pedra

  4. Yo también me quedé impresionada cuando descubrí este paseo. No sería capaz de describirlo de una forma tan precisa como tú, pero me encanta. Tengo ganas de hacerlo completo, hasta el Milladoiro, aunque antes tendré que ponerme en forma!!!

  5. Encantoume atopar este roteiro. Fíxeno no outono. Unha descuberta para min. Levo anos visitando a unha amiga que vive pertiño da carballeira de San Lourenzo e aínda nunca o fixera! [un dia botamos a andar... e descubrímos esa marabilla na porta da casa]

    eu tamén pensaba que o termo para os de santiago era “picholeiros”, grazas pola explicación. os da coruña son “cascarilleiros”

    E preciosas as fotos do outono aí onde vives.

  6. Felicidades por el trabajo y el descubrimiento.
    Esa parte del paseo del Sarela es muy bonita, pero para mi gusto, mas bonita aun es la q continua pasando el Carmen de Abaixo, cruzando el parque de Galeras, y bordeando el rio por detras del estadio de Santa Isabel, llegando hasta debajo mismo del puente del Romaño. Muy muy bonita y mas “salvaje”
    Saludos de otro compostelano.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s