Á caza dos galego-falantes

2009 Novembro 18
etiquetas: ,
by Luis

Se fixéramos un símil futbolístico das linguas en Galicia, serían unha liga de dous: o galego fronte ao castelán. E desde logo, o castelán xa levaría moitas copas de liga pra casa. Curiosamente, nun campo desértico de flores galegas coma é o xudicial, centraronse as novas lingüísticas do día: por unha banda un xuíz de Madrid ameaza a unha muller con retirarlle a custodia de súa filla por escolarizala en galego, e por outra banda, o Supremo desestima o recurso dun pai pola educación só en castelán.

No primeiro caso é obvio que é totalmente desproporcionado. Arrebatarlle a nena á unha nai tan só polo feito de escolarizala nun colexio público en Galicia (e de aí que parte do seu currículo escolar sexa en galego, non porque sexa a nai a que devece por darlle unha educación en galego) é totalitario e fascista. Ademais o xuíz estimou que o galego non ten unha utilidade práctica, polo que sería calificada como lingua “inútil”. Semella que aínda queda xente en España que non acada a comprender que en determinadas comunidades (Galicia, Catañuña e Euskadi) existe unha lingua vehicular perfectamente válida, e propia da terra, que non pretende a supresión do castelán, senón a de impulsar unha língua asoballada polo colonialismo lingüístico do castelán (innegable a súa presencia nos medios de comunicación -televisión, radio, xornais, etc-, nas expresións artísticas e culturais -cinema, teatro- ou no ámbito xudicial e noutros -sanitario, comercial, etc-). É tan absurdo e tan falto de toda lóxica, que este caso xudicial non merece máis argumentos dos xa expostos.

Moi acertada a resolución do Tribunal Supremo, que desestima o recurso dun pai que defendía a educación tan só en castelán para o seu fillo. Na sentencia, dise que «a circunstancia de coexistir dúas linguas na Comunidade Autónoma non só autoriza, senon que esixe o seu tratamento conxunto e esixencia da galega nos niveis de estudios non universitarios». «A discriminación produciríase precisamente no caso de que a Administración autorizase o pretendido polo recurrente», engadiu o Tribunal Supremo.

O recurrente apelou á Declaración Universal dos Dereitos Humanos que sinala que «os pais terán dereito preferente a escoller o tipo de educación que haberá de darse a seus hijos», ante o que o Supremo respondeu que «tal precepto non autoriza o deseño do currículo educativo dos fillos á conveniencia dos pais». Además, este órgano xudicial matizó que a interpretación que o recurso plantexa deste artículo «conduciría a resultados absurdos, xa que todos poderían así reivindicar unha instrucción impartida en cualquera lingua».

Daquela, unha sal e outra de area para o galego. Enténdese que todos teñan dereito de escoller a lingua que prefieran, pero respectando a lingua propia. É incongruente que estes mesmos que esixen educación en castelán, reivindiquen como lingua vehicular o inglés, xa que é “máis útil”. Eu sei falar, ler e escribir en galego; pero tamén en castelán, inglés, francés e italiano. Non entendo por qué as linguas teñen que restarse, cando poden sumarse sen problemas. Ao contrario do que pensan moitos galegófobos as linguas non se poden ordear de xeito cualitativo, ningunha é mellor ou peor, son diferentes. E ata que non se decaten disto, seguiran pensando que o galego é inútil, que llelo impón, que non teñen libertade de elixir. Cando, sen decatarse, o proceso de lenta colonización lingüística xa elixiu por el…

Aínda non hai comentarios

Deixa un comentario

Nota: Podes usar XHTML básico nos teus comentarios. O teu enderezo de correo electrónico nunca será publicado.

Subscribe to this comment feed via RSS