Fuga de ácido clorhídrico na fábrica de Elnosa en Pontevedra

2009 Novembro 13
by Luis

20060423elpnegemp_4Na pasada madrugada tivo lugar unha fuga de ácido clorhídrico na fábrica de Elnosa ubicada no Concello de Pontevedra. Segundo a Xunta, Emerxencias e Interio e a AXEGA interviñeron no control da vertedura, sen chegar a producirse danos persoais nin ambientais. A fuga tivo lugar as 5.20 da madrugada, coma consecuencia da rotura dunha válvula dun depósito. A fuga foi controlada á hora da rotura, i en ningún momento alcanzou os exteriores do recinto, aos controlaren o líquido mediante o emprego de material absorbente e muros de contención. Houbo unha lixeira liberación de gases que disiparonse naturalmente no aire, sen afectar á persoas nin ao ambiente.

Este novo accidente na fábrica (o anterior foi o 24 de agosto de 2007, no que resultaron feridos 3 traballadores), ven a confirmar a escasa seguridade da fábrica. Ademais a vertedura de ácido clorhídrico non só afecta ao medio ambiente, senón tamén ás persoas, xa que os vapores derivados da fuga son altamente tóxicos. Tal e coma pode lerse na folla de seguridade do ácido clorhídrico, atopamos:

EFECTOS ADVERSOS POTENCIAIS PARA A SAÚDE:

INHALACIÓN: Corrosivo. Exposición lixeira: irritación nasal, queimaduras, tos e sofocación. Exposición prolongada: queimaduras, úlceras na nariz e gorxa. Se a concentración é elevada causa ulceración da nariz e a gorxa, edema pulmonar, espasmos, shock; fallo circulatorio, incluso a morte. Os síntomas do edema pulmonar poden ser retardados.

É dicir, que a fuga que tivo lugar esta pasada madrugada provocou vapores de ácido que podían provocar todos os efectos adversos anteriores. Ademais, seguindo a información recollida na folla, lemos:

INFORMACIÓN ECOLÓXICA

O principal efecto no medio acuático é a alteración do pH, o cal dependerá da concentración do ácido. Este ácido caracterízase por disociarse totalmente; polo tanto pode afectar significativamente as condicións normais do medio acuático. Toxicidade peixes: CL50/96 (auga fresca, peixe Mosquito) = 282 ppm. É mortal a concentracións maiores de 25 mg/L.

É dicir, que verteduras deste ácido poderían ter graves consecuencias ecolóxicas no caso de se derramaren directamente nun ecosistema. Tendo en conta que a fábrica se atopa xusto ao carón dunha zona de marisqueo, podería significar a ruina das familias que dependen desta actividade pesqueira.

¿Ata cando teremos que aturar esta fábrica? É unha das fábricas ubicadas en Galicia con máis expedientes  medioambientais, e estase convertendo nunha bomba de reloxería, disposta a estourar en calquera momento. Non queremos esta fábrica na nosa comarca. Unha vez máis, ¡Ence e Elnosa fóra da ría!

3 Respostas leave one →
  1. 2009 Novembro 15

    Non é certo que ENCE teña aberto ningún expediente medioambiental, é máis, calquer fabrica do sector lácteo é máis contaminante en Galiza que a planta de celulosas en Lourizán, e ben certo que o emplazamento e totalmente erróneo, se ben, creo que o actual momento de crise económica non é para nada propicio para deixar na rúa a unha plantilla de 300 traballadores máis os centos de postos de traballo satélite que a factoría produce. Os intereses políticos que crecen o redor dela e toda a demagoxia suscitada por algunhas organizacions (como “Ence fora da ría”) só perxudican a vida de centos de familias, que ó marxe de estar preocupados ou non polo medio ambiente, teñen que dar de comer os seus.

    Así que só me queda dicir: “Amiguiños si, pero o porquiño polo que vale”, menos falar dunha retirada da fabrica, e máis plans para a sostebilidade da comarca, o aumento das oportunidades e a creación de emprego, que para manter toda a riqueza ambiental que temos en Galiza, primeiro precisamos que a xuventude non marche a traballar a outros lugares, onde medio ambiente e emprego poden ir perfectamente da man, porque señores políticos… ¿Qué outros 300 postos de traballo nos ofrecen se quitan celulosas? ¿Por qué ninguén fala diso? A fame e a emigración tamén son unha bomba de reloxería.

  2. 2009 Novembro 15

    O certo é que non tivera coñecemento deste suceso. Creo que o problema moitas veces está na permisividade coa que se actúa dende a administración. Se lles metesen uns controis estritos e unha boa multa, de seguro que estas cousas non acontecían. Aínda lembro hai pouco o que pasou en Caldas, os verquidos e todos os peixes que morreron e o problema que houbo coa subministración de auga para consumo.

  3. 2009 Novembro 15
    Luis permalink

    Die, se ben é certo que a fábrica ofrece numerosos postos de traballo, iso non quita que a fábrica teña que ser SEGURA, tendo en conta que se atopa rodeada por unha población de 100.000 habitantes. Entendo as posicións das familias, pero tanto Ence como Elnosa deben respectar a lexislación medioabiental e de seguridade industrial. Ence xa foi denunciada (e foi probado) por verteduras á ría, por exemplo de metais pesados, capaces de pasar á cadea trófica de aí aos humanos.
    É inxustificable o mantemento dunha industria que non respecta o seu entorno nin a población que vive ao seu redor.
    Por suposto, os políticos empregan o tema do seu traslado e peche dun xeito populista e demagóxico, e non aportan solucións realistas ao problema.
    En canto o da crise, sinceramente, estou canso de que as empresas e a patronal xustifiquen todo pola crise: menor seguridade industrial, maior siniestralidade laboral, facilitar o despido, etc. Cando eran os anos da bonanza os beneficios foron para as empresas e non se extendeu aos traballadores. Agora que hai que apretar o cinturón os afectados sempre son os traballadores, non a patronal.
    A única solución para o complexo Ence-Elnosa é o seu traslado, iso está clarísimo.

    Moinante, si, sería importante que a administración actuase con contundencia ante este tipo de accidentes, aínda que co PP no goberno de Galicia dubido moito que se penalice a fábrica. Digamos que practican a flexibilidade contaminante.

    Un saúdo

Deixa un comentario

Note: You can use basic XHTML in your comments. Your email address will never be published.

Subscribe to this comment feed via RSS