OutubroFest en Pontevedra
Unha entrada rapidita antes de ir pra cama! Esta fin de semana celebrarase a mítica festa alemana denominada “OutubroFest” en Pontevedra, e organizada polo directivo do Pontevedra Rugby Club, Félix Álvarez. O obxectivo da festa será financiar ao Pontevedra Rugby Club e de paso promocionar o deporte entre os asistentes.
Poderanse degustar distintos tipos de cervexa e tres platos variados cunha atractiva antoloxía de produtos cárnicos centroeuropeos. Terá comezo ás 11.30 ata as 00.30.
Independentemente de que sexa unha grande idea, sobre todo o referente a promocionar un deporte, chama a atención a duración da festa (catro días, durante 13 horas cada día) e o lugar da celebración, en pleno centro da zona vella (na praza do Teucro). E sobre todo, considerando que é para financiar un grupo privado (aínda que sexa de deportes), aproveitando medios públicos… ¿non cheira aquí a chamusquina? ¿Non haberá amiguismos no Concello para levar a cabo esta festa? Cada quen que saque a súa propia conclusión…
Non e un grupo privado, o organiza a Zona Monumental, para manter nos meses mais baixos a zona vella con ambiente.
Todolos beneficios seran para os nenos e nenas do Pontevedra rugby club unha Organizacion sen Animo de Lucro, nada vai parar a ningun empresario.
podedes ver pontevedrarugbyclub.blogspot.com
E se queres montar algo na plaza do teucro, podes, so tes que pedir os permisos e pagar as cuotas non ten mais ciencia, e como o mercado de artesania e demais cousas que se organizan.
Veña que e por unha boa causa, a consumir un pouquiño.
Gracias polo teu comentario, e por aclarar o tema. Un saúdo