Unha entrada rapidita antes de ir pra cama! Esta fin de semana celebrarase a mítica festa alemana denominada “OutubroFest” en Pontevedra, e organizada polo directivo do Pontevedra Rugby Club, Félix Álvarez. O obxectivo da festa será financiar ao Pontevedra Rugby Club e de paso promocionar o deporte entre os asistentes.
Poderanse degustar distintos tipos de cervexa e tres platos variados cunha atractiva antoloxía de produtos cárnicos centroeuropeos. Terá comezo ás 11.30 ata as 00.30.
Independentemente de que sexa unha grande idea, sobre todo o referente a promocionar un deporte, chama a atención a duración da festa (catro días, durante 13 horas cada día) e o lugar da celebración, en pleno centro da zona vella (na praza do Teucro). E sobre todo, considerando que é para financiar un grupo privado (aínda que sexa de deportes), aproveitando medios públicos… ¿non cheira aquí a chamusquina? ¿Non haberá amiguismos no Concello para levar a cabo esta festa? Cada quen que saque a súa propia conclusión…