Semana Europea de Mobilidade

2009 Setembro 20
by Luis

Semana Europea de Mobilidade2Hoxe dá comezo a Semana Europea de Mobilidade que procura a concienciación cidadá para fomentar a mobilidade sostible, coma a bicicleta ou o transporte público. Pontevedra é unha das cidades que se uniron a este proxecto e participa con distintas inciativas ao longo de toda a semana.

Unha das actividades nas que todos os cidadáns están convidados a participar é a pedalada convocada para hoxe ás 12 da mañá na praza da Peregrina á que penso acudir coa miña bici.

Chama moito a atención que noutros países onde as condicións meteorolóxicas son moito máis duras (penso nos Países Baixos ou Alemaña), os cidadáns translándanse maioritariamente en bicicleta, ou no seu defecto no transporte público. Tamén hai que ter en conta as dimensións de cidades como Berlín  (na que estiven no mes de xullo), e que non son impedimento pra o emprego da bici. É certo que son cidades xa adaptadas á bicicleta, pero coido que cidades como Pontevedra, Santiago, Vigo ou A Coruña non han de ter maiores dificultades cunha gran capital. Semana Europea de Mobilidade

Eu confeso que non teño carné de conducir, e a verdade é que nunca me faltou nin pra o traballo, nin pra o lecer, nin pra os estudos. Sempre empreguei o transporte público, e recentemente estou empregando máis a bicicleta, que en cidades coma Santiago é moi práctica. Se tiven que ir en coche foi sempre por achegarme a puntos demasiado afastados e sen transporte público.

Está ben o fomento do emprego da bicicleta pero tamén penso que dende as diferentes administracións deberían apoiar con máis afán o transporte público, que en cidades coma Pontevedra brilan pola súa ausencia. De todos os xeitos, hoxe é un día de reinvindicar dun xeito lúdico e festivo, e eu estaría alí aportando o meu pequeno gran de area. Espero que vós tamén vos animedes!

Unha resposta leave one →
  1. 2009 Setembro 23
    Ravachol permalink

    Colectivos de Pontevedra rechazan ubicar un juzgado de lo Mercantil en Vigo

    Hacemos algo???

    o dejamos que sigan “mexando por riba mentras dicimos que chove”; por ejemplo:

    Por 123456789 10:22

    Vigo Capital, Pontevedra sucursal.

    #3 Por Sentidiño 10:14

    Pontevedra vive a costa de Vigo, mientras que los vigueses sufrimos con resignación las ironías y el menosprecio de los pontevedreses. De “barrio obrero” de Pontevedra ahora hemos pasado a ser su “barrio marginal”. Tonterías aparte, hay una realidad palmaria que no podemos ignorar. El Gobierno centralista de España se ha vertebrado con las Autonomías. La descentralización hay que llevarla hasta sus últimas consecuencias, y cuando se cree la 5ª provincia gallega, Pontevedra se tirará de los pelos por haber deslocalizado ENCE, que es su única industria. Los funcionarios no crean riqueza.

    #2 Por Vigues 09:51

    Bien haría Pontevedra en no tensar tanto la cuerda y dejar que las cosas continúen su proceso normal. La administración tiene que acercarse a los administrados. No tendría sentido que los vigueses tuviéramos que desplazarnos hasta Pontevedra para renovar el permiso de conducir, gestionar cualquier tema con la Diputación o tramitar aquí asuntos relacionados con la administración de justicia (Registro Mercantil, Juzgado Mercantil, Audiencia, etc.), y sin embargo eso es lo que los vigueses hemos tenido que hacer durante más de 100 años. Si por los mandatarios capitalinos fuera hasta el nuevo gran hospital habría que construirlo en Pontevedra, y eso sería absurdo.

    TODOS LOS COMENTARIOS EN EL DIARIO DE PONTEVEDRA VIA WEB:

    http://diariodepontevedra.galiciae.com/nova/39377.html#anchor_login

    SI REALMENTE SOMOS CAPITAL LOS CIUDADANOS TENEMOS QUE HACER ALGO Y YA!.

Deixa un comentario

Note: You can use basic XHTML in your comments. Your email address will never be published.

Subscribe to this comment feed via RSS