Hospital único, ¿si ou non?

2009 Xullo 2
by Luis

monteceloAnuncio da Consellería de Sanidade: “Pontevedra contará cun hospital único de referencia da súa área sanitaria e dotado coa tecnoloxía máis avanzada”. Esta nova é recollida desde a páxina web da Xunta de Galicia. Hai poucos días o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, de visita oficial no Concello de Pontevedra, anunciaba a construcción dun novo hospital, cun orzamento de 180 millóns de euros, 60 máis que os previstos polo anterior goberno bipartito (que apostaba pola ampliación de Montecelo). Estes días foron despexando as dúbidas sobre o emprazamento do novo hospital (no monte Carrasco, na parroquia de Marcón), os prazos (calculan que o inicio da licitación e da obra teñan lugar en 2011), e o financiamento (do que non se deron polo momento grandes detalles, tan só referidos á expropiación de terreos -3,1 millóns de euros do Sergas- e 4 millóns de reserva de crédito do Concello de Pontevedra).

Visita de feijoo a pontevedra

Desde a miña humilde opinión non entendo a postura da Xunta. En primeiro lugar, Montecelo xa está dotado cunha infraestructura e instalacións que aínda poden ser  ben explotadas. Pechar Montecelo pra facer un novo hospital carece de sentido e é malgastar os cartos. ¿Para qué se fixeron entón contínuas ampliacións do Hospital no pasado, incluso durante o goberno do PP? Núñez Feijoo falou desde o primeiro momento de contención orzamentaria e austeridade económica do goberno da Xunta. Pero agora quere pechar Montecelo, e gastar 60 millóns máis para facer un novo hospital. ¿É esto o bombón na boca dos Pontevedreses a cambio de estar calados polo superdelegado de Vigo? Pode que tan só sexa para satisfacer o capricho de Telmo Martín (e de paso a ver se sendo alcalde consegue meter a súa construtura para traballar no novo hospital).

¿Alguén sabe o que está facendo o goberno da Xunta? ¿Fai soamente a contra-política do bipartito? Eu non entendo… que mo expliquen, por favor…

2 Respostas leave one →
  1. 2009 Xullo 2

    Pero non se supon que a ampliación de Montecelo ibase a levar a cabo igualmente? E dicir, creo que non pecha montecelo, habería dous hospitais… De todas formas eu tampouco estou dacordo con que abrán outro podendo ampliar Montecelo… en fin…

  2. 2009 Xullo 2
    Luis permalink

    Así é, suponse que o orzamento anunciado por Feijoo será para a ampliación do Hospital de Montecelo, pero por iso tampouco entendo por qué a Consellería de Sanidade di que fará un “hospital único”, porque ese é o obxectivo real: que os pacientes non teñan que desprazarse dun hospital a outro pola división das especialidades médicas entre os edificios sanitarios.
    Por iso digo que non entendo nada… ¿hospital único? ¿Ou dous hospitais? ¿alguén entende algo?

Deixa un comentario

Note: You can use basic XHTML in your comments. Your email address will never be published.

Subscribe to this comment feed via RSS