Morreu Michael Jackson: un mito
Hoxe puxen a radio ás 7 da mañá e case non podía crelo: o rei do pop, Michael Jackson morreu ás 14.30, hora californiana, 23.30 hora española do día 25 de xuño. E fiquei abraiado, aparvado, en estado de shock. Michael Jackson. Ese tipo raro e extravagante, que foi escurecendo a súa carreira a medida que clarexaba a súa pel. Un mito.
De pequeño puña unha e outra vez, sen parar, unha pequena cinta radio-cassette, o que se pirateaba antes, que me pasara o meu bo amigo Dani (que de seguro estará chorando a súa morte, coma min). ¡Canta veces escoitaría aquela cinta! Creo que paseime de rosca, e a pobre comezara a raiarse, e escoitarse bastante mal. ¡Que lembranzas de neno, de adolescente!
Independentemente dos numerosos escándolos dos que foi protagonista, será sempre recordado. Hoxe dicía un xornal inglés: “Non era perfecto, pero era o mellor”. Sen dúbida moi acertado. E dende o meu curruncho da blogsfora, que dedicarlle un derradeiro adeus, co videoclip dunha das miñas cancións favoritas de toda a miña vida. Adeus Michael, e que os pés non deixen de bailar…