22 familias rumanas fuxen de Irlanda polos ataques racistas
O mércoles da semana pasada, en Belfast (Irlanda) un grupo de 22 familias rumanas abandoaba as súas casas despois de sufrir agresións racistas, co lanzamento de ladrillos e botellas ás fiestras das súas casas. As familias, atemorizadas, refuxiaronse durante varios días nunha iglexa de Belfast, confiando en que alí estarían a salvo dos ataques xenófobos. Nada máis lonxe da realidade. Onte, atacaron a pedradas a igrexa onde estaban refuxiados os 115 rumanos, entre eles 49 menores. As familias, desesperadas, anunciaron hoxe que abandoaban o país e volvían a Rumania.
O pobo irlandés caracterízase, ao igual co galego, pola súa alta taxa de emigración no pasado. Un fica abraiado cando dentro destos pobos danse casos de racismo e xenofobia cara os inmigrantes. Semella que os seus habitantes esqueceron o seu pasado, o tempo en que a fame mataba nenos e anciáns, e que o único xeito pra sobrevivir era a emigración a outros países na procura de novas oportunidades.
É certo que os gobernos occidentais, deben facer un esforzo denodado por integrar aos inmigrantes. Pero os problemas sociais que poden xurdir dun conflito interracial non poden xustificar nunca a violencia. Semella que retornamos os tempos do Ku Klux Klan, ou mesmo da persecución aos xudeos na 2º Guerra Mundial.
Non hai que esquecer que un, cando emigra, é o diferente, é a minoría, esta inseguro, e só. Non é fácil integrarse nunha sociedade diferente. Por iso tan só o entende quen emigrou, polo menos unha vez na súa vida. Eses feixistas, os racistas e xenófobos que conseguiron botar a esas familias rumanas, son os ignorantes e escuros, os que realmente non conseguen integrarse na súa propia comunidade. Os que nunca saíron do seu pobo, ou cidade, e non coñecen máis que o seu propio embigo, e descoñecen outras culturas, outras xentes, outro xeito de comprender a vida.
Agora só queda agardar que os responsables do ataque racista non queden indemnes…