As canas e o estrés xenotóxico
Estes días publicouse un estudio sobre a orixe das canas, é dicir, da despigmentación do noso cabelo, da cor natural ao branco. A explicación da súa aparición sería debido ao estrés xenotóxico das células nai dos melanocitos. Os melanocitos son as células que producen o pigmento que dá cor ao noso cabelo.
Segundo Emi Nishimura de “Tokyo Medical and Dental University”, unha vez que as células están danadas irreversiblemente, estas deben ser eliminadas para manter a calidade do conxunto das células nai.
¿Pero que é o “estrés xenotóxico”? Sería o conxunto de axentes nocivos que poden chegar a danar o ADN das células. A súa orixe podería ser endóxeno ou exóxeno; entre ese axentes atopamos produtos químicos mutaxénicos, luz ultravioleta e radiación ionizante.
Pero, ¿cómo evitar que aparezan aínda máis canas? Diminuindo a incidencia destes axentes. O que traducido querería dicir levar unha vida sá: alimentación rica en axentes antioxidantes (frutas, verduras, legumes), evitar a exposición directa ao sol (medienta unha gorra, por exemplo), evitando o estrés emocional (traballo, relacións, etc), levar unha vida saudable (evitar o tabaco, o alcol en exceso, etc).
Isto podería explicar por qué o cabelo dalgunhas persoas muda rápidamente en canas, podendo ser debido a un alto estrés emocional (sería entón de orixe endóxeno).
E deste xeito, eu atopo a explicación de por qué nun só ano me sairon tantas canas… sería cousa do estrés. Menos mal que sempre nos quedará George Clooney…
E ló que é aquilo que dicían de que cando che saen canas non te quedabas calvo? A min saíronme agora tres e espero que a despigmentación veña antes que a caída
Ademais do Clooney tamén está Cantero, o presentador do telexornal de TVE durante a fin de semana, que lle gusta a todas.
Pois a verdade é que non sei se existe unha relación entre as canas e a calvicie, aínda que si é verdade que os que teñen canas non son calvos (porque se foran calvos non terían cabelo, obviamente!).
Un saúdo, e gracias polo teu comentario!