De folgas do lixo e outras pantomimas
Novo episodio de ameaza de folga do lixo na cidade de Pontevedra. A última tivera lugar xusto uns días antes da semana grande de Pontevedra, en plenas festas de Peregrina. Agora os traballadores de Cespa, a empresa concesionaria da recollida do lixo en Pontevedra, ameazan de novo cunha nova folga do lixo, coma medida de presión polo despido dun traballador da compañía. Esta semana esixiron reunirse co alcalde pra que mediase no conflito, aínda que Lores negouse, alegando que se trata dun problema entre o traballador e a empresa, que non compete ao goberno local.
Eu son un firme defensor dos dereitos dos traballadores, e por suposto do dereito de folga, aínda que coido que o efecto positivo das folgas sobre a poboación diminúe cando estas se fan a cotío, aumentando a percepción negativa sobre os traballadores. Non ten sentido que decidan facer unha folga indefinida polo despido dun traballador. Existen outras medidas de presión sen extorsionar a toda a poboación, nin con chantaxes. Cando estiven vivindo en Francia as folgas eran a cotío, case todalas semanas, un día quedabas sen metro, outro sen bus, outro sen tren… E ao final o único que conseguían os traballadores era enfurecer aos clientes e non obter ningún apoio social, máis ben ao contrario.
O dereito a folga é inegable. Pero debe exercerse con cabeza e humildade. Non pode empregarse pra chantaxear día si e día tamén a toda a cidadanía. Espero que se resolva finalmente o problema con prontitud, e non teñamos que padecer, unha vez máis unha folga do lixo.
Qué razón tienes Luisito!! Además, una buena entrada, con tu aire protestón, que la hace tan tuya.
Ya sabes mi premisa: “si no me quejo, reviento”. Jajajaja!
ya esta Luis quejandose!!!