Paseo polo Lérez


paseo-lerezNon hai afición coa que goce máis que cun bo paseo pola ribeira do río Lérez. Onte collín a bici e fixen o recorrido que marca o mapa ao carón do texto. A todolos que aínda non tivestes a oportunidade de facelo, recoméndovos, e moito, que o fagades.

A riberia do Lérez está salpicada de frondosas árbores, amieiros, salgueiros, bidueiros, avelairas, carballos. Na maior parte do recorrido tan só podedes escoitar a mansa auga do río, deslizándose entre as pedras, as raíces, as follas, a herba.

Atoparedes muiños e presas antigas, e pequenas (diminutas) praias fluviais. Podedes escoitar aos paxaros que aniñan nas copas das árbores e a delicada brisa movendo as polas.

Percorrer este espazo natural só, convida a tomar contacto coa natureza, a escoitala, e tamén, en certo modo, a amala. ¡Gozade dela!

Fotografía: fonte da páxina do Concello de Pontevedra

2 reflexións en “Paseo polo Lérez

  1. Estou seguro que che vai encantar! Iso si, olla que eu falo da natureza, porque o que é o camiño, por trazos é un verdadeiro desastre, sobre todo na parte que bordea Monteporreiro, onde partes da calzada derrubánronse cara o río, e é difícil que pasen máis de dúas persoas…
    Polo demais, o río, de verdade, é unha pasada.
    Un saúdo Sísar!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s