Pánico bursátil


A negativa do Congreso dos EEUU ao plan de rescate (coñecido xa como plan Paulson), provocou hoxe na bolsa norteamericana un verdadeiro desastre, ao caer un 6,71% o Dow Jones, un 8.58% o S&P 500, e un 9,14% o Nasdaq.

Deste xeito, a bolsa neoirquina experimentou a maior caída na súa historia, deixando a súa negra pegada no camiño da historia económica. Din que estamos ás portas dunha crise financieira como nunca se viu, incluso máis grave e preocupante ca de 1929.

Coido que non hai que entender moito de economía para decatarse da gravidade da situación económica que nos tocou vivir. Se finalmente non hai un consenso e acordo no Congreso americano nun plan sólido e coherente de rescate financieiro, é bastante probable, que teña que mudar o actual sistema económico americano.

A versión americana do capitalismo sen trabas nin límites ten contados os días. E os feitos estano demostrando. O descontrol do sistema financieiro americano desenbocou primeiro na crise das hipotecas “lixo” ou “subprime”. A hipoteca subprime é unha modalidade crediticia do mercado financieiro de EEUU que se caracteriza por ter un nivel de risco de impago superior á media do resto dos créditos. Foron os bancos especializados neste tipo de hipotecas lixo os primeiros en caer. Pero non tardaron moito en seguirlle os bancos tradicionais e complicar aínda máis o panorama económico estadounidense, xa que a caída dos grandes bancos pode arrastrar con eles todo o sistema financieiro.

Coa negativa do Congreso dos EEUU de acudir na axuda das entidades bancarias cos cartos dos contribuintes, péchase de golpe a saída máis plausible á crise, e con ela, ábrese a caixa de Pandora. O reverso da especulación é a incerteza. Ás dúbidas e a desconfianza entre os bancos levará a un aumento progresivo e imparable dos tipos de interés, afogando a miles de hipotecados e aumentando aínda máis a morosidade. Se non hai unha axuda dos gobernos, moi probablemente o sistema colapsarase.

Teremos que agardar, pois, a que o tempo pase, e os gobernos actuen. A indecisión do Congreso americano o único que consegue é sembrar máis incerteza a un mercado que intenta evitar por todos os xeitos o medo e a dúbida entre os inversores.

¿Será este un episodio máis da economía mundial, ou se cadra mudará para sempre, seguindo o capitalismo o mesmo camiño do comunismo? O tempo dirao.

Eleccións americanas ¿mundiais?


¿Qué acontecería se o mundo decidise quén sería o próximo presidente dos EEUU? Isto é o que propuxo o xornal “The Economist“, a través da súa páxina web. A cada país asignoulle un número determinado de delegados en función da poboación do país. Nestas particulares eleccións, a España lle corresponden únicamente 67 delegados, fronte aos 90 de Francia, 120 de Alemania, e moi distantes, os 1900 de China, ou os 1588 de India.

A día de hoxe, non hai dúbida de quen é o claro favorito no mundo. Como podedes ollar no mapa, a cor azul ocupa a meirande parte dos estados, que é a cor dos demócratas. McCain non consegue gañar en ningún pais do mundo, o que chama poderosamente a atención. Non sei se é producto da Obamamanía, ou da animadversión que provoca o candidato republicano.

Nos últimos días, diversas enquisas mostran unha tendencia á alza do candidato demócrata. E segundo as sondaxes realizadas xusto despois do primeiro debate televisado dos dous candidatos á Casa Branca, o gañador foi o representante demócrata.

A campaña electoral dos republicanos derrubouse coma un castelo de naipes ao mesmo tempo que os pilares fundamentais da economía capitalista rachaban en mil anacos, e os templo de Wall Street escupían bancarrotas financieiras dos grandes bancos estadounidenses.

Finalmente non será a política belicista de George W. Bush, senón a economía o que termine un ciclo e afunda na historia 8 anos de goberno a golpe de fusil e escopeta.

Moi probablemente, Obama chegue á presidencia do goberno dos EEUU, e marque a lume a historia afroamericana. Polo momento temos que agardar e observar os movementos e estratexias dos dous candidatos ata a data das eleccións, en novembro.

Doces chinos


A alerta sanitaria que saltou en China hai cousa dunhas semanas pola contaminación de leite infantil con melanina espallouse ata chegar a EEUU e a UE. Onte a UE prohibía a importación de todos aqueles productos chinos en cuxa composición houbera lácteos, e hoxe detectáronse en Madrid, Sevilla e Murcia doces con alto contido de lácteos, e polo tanto sospeitosos de estaren contaminados coa melanina, que xa probocou a morte de 4 nenos en China.

Os fabricantes chinos adultararon o leite, engadindo melanina, sustancia polimérica que pode acumularse nos riles, dando lugar a cálculos renais, insuficiencia renal e a morte do intoxicado. Foron 4 os nenos que morreron en China debido ao consumo do leite infaltil contaminado, e e centos de miles o intoxicados.

Recoméndase a poboación que non consuman ningún producto chino con alto contido en lácteos, para evitar posibles intoxicacións.

Spiriva e Atrovent, no punto de mira


Os inhaladores máis prescritos para as enfermidades pulmonares obstructivas crónicas (EPOC), poden aumentar en case un 60% o risco de morte por ataque cardíaco ou cerebral cando se empregan durante máis dun mes, según o estudo publicado polo Journal American Medical Association (JAMA).

Trala análise de 17 ensaios clínicos, nos que participaron 14.783 pacientes con EPOC, concluíuse que aqueles que inhalaron anticolinérxicos durante máis dun mes, incrementaron o seu risco de morte por enfermidades cardiovascules, ataques cardíacos e cerebrais nun 58%, fronte aqueles tratados con placebo, ou outra terapia.

Os dous inhaladores máis dispensados que conteñen anticolinérxicos na súa composición, son o Atrovent (cuxo principio activo é o bromuro de itratropio), da alemana Boehringer Ingelheim, e o Spiriva (p.a. é bromuro de tiotropium), da estudounidense Pfizer.

Segundo palabras do doutor Sonal Singh, da Universidad de Wake Forest (Carolina do Norte), un dos autores do traballo, “imponse de xeito urxente unha reavaliación por parte das autoridades de reglamentación do risco que supoñen estes medicamentos“. Ademais, engade “os pacientes con EPOC que empregan estes inhaladores corren un risco excesivo de accidentes cardiovasculares graves“.

Retirada de biberóns perigosos


Se hai poucas semanas Sanidade retirara do mercado algúns lotes de leite infantil Sanutri do mercado, por suposta contaminación coa bacteria Salmonella (houbo un total de 59 casos de gastrointerite), agora volve a saltar a alarma sanitaria cun novo producto infantil, neste caso tres biberóns das marcas Philips Avent, o modelo Tommee Tipee, e o terceiro da marca Baby Marmax.

O caso foi denunciado pola Federación de Consumidores en Acción (Facua), e a Junta de Andalucía ordeou inmediatamente a súa retirada das farmacias. Os biberóns supoñen un risco de asfixia para os bebés, por mor de que as mamadeiras se poden rachar e desprender con facilidade.

Facua tamén advertiu sobre outros tres biberóns cun alto contido de ftalatos (sustancia química perxidicial para a saúde a partir de certos niveis). Estes biberóns, de Momlove, Xj (I) Er Kang, atópanse nas feiras e bazares, ademais doutro biberón que carece de marca etiquetado coma Interchangeable Training Cup.

Os consumidores poden sustituir os biberóns nos seus puntos de venta, e de non poder facelo, remitilo ao fabricante. Ante calquera dúbica poden achergarse ata os seus puntos de venta.