Coas festas da Peregrina…

2008 Agosto 29
by Luis

o inverno encima. Maldita sexa, por unha vez, a sabedoría popular. Hoxe tiña un deses poucos días inspirados, de querer ir a biblioteca e traballar un pouco na miña tese, pero cando vin que caían chuzos en punta sobre Pontevedra, e que unha treboada de tres pares de collóns facía retumbar as paredes da miña casa, optei por quedar preto da casa. Finalmente achegueime ata a cafetería-panadería Antoxo, na rúa da Estrada, pouco máis abaixo do Colexio Sagrado Corazón, a tomar un café con leite e conectarme na wifi que ten habilitada no local. Recoméndovos de bo grado vir un día ata aquí, teñen un local moi agradable, o café é bo e sempre che poñen algo pra picar mentres saboreas o café entre grolo e grolo.

Como ía dicindo a sabedoría popular non fallou desta vez tampouco, e semella que o inverno xa  estáchegando ata as nosas latitudes ás alancadas, e que se non troca no próximo mes, teremos unha boa chea de choiva sobre a nosa terra. Obviamente, o tempo húmido e nubrado sempre tinxe de gris os nosos ánimos, aínda que sempre podemos fuxir do frío nunha das moitas cafeterías que hai en Pontevedra.

A pesar de que o calendario diga que estamos en verán, e o tempo diga que estamos en outono, temos que lembrar que aínda queda algunha festa que xa está a volverse tradición na cidade, como é a Feira Franca, que será o próximo venres e sábado, 5 e 6 de setembro, respectivamente. Non é unha das miñas festas favoritas, a verdade, hai moito “postureo” na cidade, todo o mundo quere ser princesa ou señor, ¡non ves un campesiño ou un mendigo entre toda a xente! Chama a atención porque naquela época había un señor por milleiros de campesiños, pero neste tipo de festas medievais semella que daquela era máis ben ao revés.

De todolos xeitos non deixo escapar a oportunidade de coller o meu cutre disfraz que comprei  no chino por 3 euros, de Sancho Panza, qué máis dá, a cuestión é parecer da época, e pode que me trabuque nun cento de anos, pero qué é iso cando ves romanos (¿?) no medio da festa. Ata unha vez vin uns que ían de gregos (¿¿¿???). A ver, eu moito de historia non sei, pero o mínimo… Pois si. De todolos xeitos non deixa de facer gracia ver a eses atrevidos, ou tal vez ignorantes; un día atoparemos algún disfrazado de troglodita, de astronauta ou de camaleón, ¡a saber!

A cuestión é que a Feira Franca é unha das últimas opcións de “qué facer” en Pontevedra neste verán que o foi polo calendario, que non polo tempo. Xa teño ganas de ver cómo vai ser este ano a festa. Esperemos que a poidamos disfrutar todos sen incidentes.

4 Respostas leave one →
  1. 2008 Agosto 29

    Pois aqui tes un labrego que tamén repetirá este ano, a única edición que me perdín foi a primeira, fun pero non “ataviado”. No tema de que todos queren ser señores feudais e demais tes moita razón, en Pontevedra e ti sábelo, outra cousa non haberá, pero postureo un mundo del, asi que todo o mundo pensa que….veña, que carallo, se vou ir vestido que sexa de rico e pudiente !!! e asi nos vai, poucos imos de labregos, pero orgullosos iso si :)

    o mellor, pois pasear toda a tarde do sábado cós colegas tomando cervexas aqui e alí e á noite sentarnos a cear e parrafar toda a noite.

    Un saúdo Luis, pàsao ben, eu tentareino un ano máis.

  2. 2008 Agosto 29

    por certo, sei doutro blogue que se uniu á blogosfera pontevedresa, chámase O Casal de Ferreirós e polo que di é de Poio, leva pouco máis dun mes activo, non sei se xa o miraches nos meus favoritos do blogomillo pontevedrés..

    un saúdo

  3. 2008 Agosto 29
    luisnog permalink

    Pois si, intentarei pasalo ben. Por certo, estiven procurando o blog que me dixeches na túa páxina, pero non o atopei, ¿onde o colgaches?
    Gracias polos teus comentarios, a ver se atopo a Don Quixote, porque eu que vou de Sancho Panza…
    Un saúdo!

  4. 2008 Agosto 30

    Pois o blogue chámase “O casal de Ferreirós” é o primeiro de Poio que atopo, a súa url

    http://www.ocasaldeferreirós.blogaliza.org

    pásate a botar unha ollada, acaba de comezar hai pouco, por certo, tremenda choiva de pedrizo onte non? xa colguei un post sobre elo no meu blogue.

    Saúdos Luis :)

Deixa un comentario

Note: You can use basic XHTML in your comments. Your email address will never be published.

Subscribe to this comment feed via RSS