Traxedia aérea

2008 Agosto 21
tags:
by Luis

Onte non puiden escribir unha soa palabra sobre a traxedia aérea acontecida en Barajas, porque non me saían as palabras pra solidarizarme cos familiares das vítimas e trasmitirlles dende este pequeno recuncho da blogosfera o meu pesar e as miñas condolencias.

Aterrado, así foi como estaba onte, escoitando cada novo teletipo que comunicaba o telexornal, e escoitando como o número de vítimas do accidente non deixaba de medrar. Sentín verdadeiros arrepíos, e tentei un par de veces escribir sobre o suceso, pero finalmente fun incapaz.

Finalmente o accidente deixa un balance de categoría catastrófica, con 153 mortos, e 19 feridos, varios deles en estado moi grave. Feitos como estos fannos lembrar a fraxilidade das nosas vidas, de como podemos atopar a morte no noso camiño dun xeito inesperado, e terrorífico. Lin os xornais, escoitei a radio e vin os telediarios, e todos lograron poñerme a pel de galiña, e sentir a mesma anguria que experimentei cos atentados de Madrid.

Paréceme incrible que aínda acontezan accidentes coma estes no noso país, coido que debería existir unha importante e adecuada revisión independente dos avións, non somentes por parte dos técnicos das compañías aéreas. O voo retrasouse por problemas técnicos minutos antes de despegar, e durante unha hora os técnicos da compañía estiveron evaluando o aparato. Spanair asegura que todo estaba ben, que os técnicos arranxaron os problemas que tiña o aparato, pero finalmente algo saíu mal cun tráxico final. Agora hai que agardar a que se acometan as investigacións pertinentes, o estudio das caixas negras e os aclarecementos dos feitos.

Esta era unha nova que non podía obviar, aínda que quixera. Aínda quedan moitas preguntas sen resposta, pero teremos que agardar pra saber máis. Dende aquí quero enviar as miñas condolencias ao pobo canario, e das outras comunidades que perderon a alguén neste terrible suceso.

4 Respostas leave one →
  1. 2008 Agosto 22

    Qué mala pata!!
    Le puede pasar a cualquiera.
    Descansen en Paz.

  2. 2008 Agosto 29
    dani permalink

    Nota optimista del dia: pos el mio ha llegao bien, a pesar de que tuve a todo un avion esperando x mi xq me habia dejao la cartera en Seatle…..

    Apertas desde las americas de tasslehoffburfoot,
    “Sentir” que Luchy esta ahi sempre, con su curioso suceso do can a medianoite, y su bloj noticiero informando sempre….

    Luchy, aqui en las americas no llega la tvg ni la 2, asi q espero q me mantengas informado en tu eirinha de pedra de todos los sucesos habidos e x haber en casiña na miña ausencia….notaras q tengo eñe…pos si, toi usando mi portatil! q se quedo una tempada en el san francisco airport, pues alli me lo deje esquecido, pero acaba de llegar via fedex hasta mi hogar yanki…

    Luchy, unha forte aperta de kender o de ogro verde del otro lado del charco, ahorra mucho y veniros aki a conquistar las americas…

    Q todo vaya bien tio, y deja de escuchar a coldplay q son depresivos (weno n onor a la verdad no he oido el viva la vida, igual es la fiesta) y ponte de banda sonora de tu vida un:

    “facto de la fe-y de las flores azules”
    en
    “La luz de la manhana”
    La luz de la mañana.

    Un abrazo, Luchy!

  3. 2008 Agosto 29
    luisnog permalink

    ¿Qué hay Dani?
    Me alegro muchísimo por tener noticias tuyas, ya pensé que los yanquis te habían absorbido los miolos, y que te estabas cebando a hamburguesas y a disparar con tu nueva pistola americana…
    No te preocupes, procuraré mantenerte informado de todo, aunque no tenga mucho tiempo, el trabajo lo absorbe todo! Pero en cuanto pueda te escribo!
    Por cierto,¿por qué será que no me sorprende que te hayas olvidado tu cartera y tu portátil? Mira que la montas parda hasta en EEUU!! Miedo das! Aquí en España seguro que hubieran pasado de ti como de la m… y te hubieran dejado en tierra! Dichosa sea pues la hipócrita educación yanki! (hipócrita porque seguro que por dentro todos se cagaban en ti!)
    Me alegro muchísimo de este post que me has dejado! Se lo contaré a todos, que ya me preguntaron varias veces por ti.
    Cuídate mucho!
    Un abrazo enorme, y pásalo bien en los EEUU!!!!

  4. 2008 Agosto 29
    luisnog permalink

    Por cierto, sabes qué escuchaba mientras leía tus post??? A COLDPLAY, POR SUPUESTO!!!!
    Cuidate mucho Dani!

Deixa un comentario

Note: You can use basic XHTML in your comments. Your email address will never be published.

Subscribe to this comment feed via RSS