Luz Casal – Sentir

2008 Agosto 20
etiquetas: ,
by Luis

Houbo un tempo en que unha persoa a que quero moito tiña un grave problema, e esta canción, en certo modo, axudoume a ter fe nos demais, sobre todos nos máis achegados a min. Repetía a letra da canción sen cesar, pensando nesa persoa, e que daquela estaba soa, e afogada nun mar de confusión, inseguridade e desarraigo.

Quedoume moita pena, moitísima, non terlle gravado no seu día a canción nun CD, e escribirlle unha carta, e dicirlle que non se preocupara, que seguira adiante, que había xente que a quería e confiaba nela. Por iso ás veces é mellor facer o que di o noso corazón e non o que di a nosa cabeza.

Levo unha tempada bastante mala, a nivel persoal, non consigo sair de certa amargura dende hai un tempo, e a música sempre consegue arrincarme alguna bágoa e aliviarme un pouco o corazón. Hoxe volvín a escoitar esta canción, a sufrir anos pasados, e chorar no corazón e a arrepentirme do que non fixen, e do que fixen tamén. Eu dende aquí quérolles pedir perdón. Sei que eles non teñen culpa de nada.

Eiquí vos deixo a canción de Luz Casal, unha canción que cre nas persoas, porque todos podemos cambiar, iso non o esquezades nunca. Pero necesitamos dos que nos aman para chegar a ser mellores. Gozade coa música desta canción tan fermosa. Unha aperta a todos.

Abre la puerta, no digas nada,
deja que entre el sol.
Deja de lado los contratiempos,
tanta fatalidad
porque creo en ti cada mañana
aunque a veces tú no creas nada.

Abre tus alas al pensamiento
y déjate llevar;
vive y disfruta cada momento
con toda intensidad
porque creo en ti cada mañana
aunque a veces tú no creas nada.

Sentir que aún queda tiempo
para intentarlo, para cambiar tu destino.
Y tú, que vives tan ajeno,
nunca ves más allá
de un duro y largo invierno.

Abre tus ojos a otras miradas
anchas como la mar.
Rompe silencios y barricadas,
cambia la realidad
porque creo en ti cada mañana
aunque a veces tú no creas nada.

Sentir que aún queda tiempo
para intentarlo, para cambiar tu destino…

Abre la puerta, no digas nada…

Aínda non hai comentarios

Deixa un comentario

Nota: Podes usar XHTML básico nos teus comentarios. O teu enderezo de correo electrónico nunca será publicado.

Subscribe to this comment feed via RSS