Ordenanza anti-botellón
Na vindeira noite do xoves ao venres entrará en vigor en Pontevedra a lei que regula a concentración de persoas nas vías e zonas públicas consumindo bebidas se con esta actividade altérase a convivencia cidadá; é dicir, a coñecida e polémica lei anti-botellón.
Xa oin moitas voces críticas coa nova lei, en moitos e diferentes aspectos. É certo que non satisface a todos nin a ninguén, porque o concello, neste asunto quixo ser flexible coas dúas partes: a que se divirte e a que durme. Coa nova lei non se van solucionar os problemas dos ruidos, nin o do alcol entre os máis mozos. Digamos que o goberno local, co obxectivo de contentar a todos, non conseguiu contentar a ninguén.
De todos os xeitos eu lle vexo dous grandes puntos positivos: o primeiro e máis evidente é que os residuos urbáns e os ruidos van diminuir considerablemente coa nova lei. Ao trasladar a milleiros de mozos ao parque de Rosalía de Castro, vaise concentrar a maioría do lixo nun so punto, o que facilita a súa recollida, e non ensucian outras partes da cidade. Están o bastante lonxe de zonas residenciais como pra amolar aos veciños. O segundo punto positivo sería que non se prohibe expresamente facer botellón, senón que tan se prohibe facelo en determinadas zonas da cidade. Os mozos poderán seguir facendo o botellón, sempre e cando queiran no parque de Rosalía de Castro.
Paréceme unha lei máis que razoable para ambalas dúas partes do conflicto. Diminuirase o ruido e o lixo na zona vella, e ao mesmo tempo habilítase unha zona na cidade pra que os mozos que o queiran poidan facer o botellón e reunirse cos amigos nun punto.
Entendo que aos mozos poida darlle preguiza ir ata o parque de Rosalía de Castro, pero dende o meu punto de vista escolleron a opción que menos disgustaba as dúas partes. A ver se agora se vai respectar.
