De medusas, fanecas bravas e ourizos mariños
Ai! Non hai nada como gozar dun día de praia, recostado na toalla e tomando o sol. Pero ao final, sempre por culpa da calor, acabamos indo ata a beira do mar, a refrescarnos un pouco. E é aí onde os nosos pequenos amigos mariños poden aguarnos a festa.
Como moitos de vós sabedes, poden existir diferentes animais mariños que poden picarnos, aínda que tal vez os tres máis correntes nas nosas costar sexan as medusas, as fanecas bravas (a gran temida) ou os ourizos mariños.
Cando nos pica unha dos tres moitas veces poñémonos nerviosos, e tal vez non actuamos dun xeito totalmente correcto para solucionar o fastidioso problema. Por iso, eu quería recoller eiquí algúns pequenos consellos sobre cómo actuar nos tres casos. Por suposto, o primeiro que debe facerse no caso de picadura é acudir ao centro de socorrismo máis próximo. No caso de que non o haxa pode que algunhas das cousas que vos digo aquí vos sexa de utilidade. Imos por partes.
As medusas
A picadura destes invertebrados é a través das súas células urticantes, e produce unha grande sensación de dor e prurito, seguida de inflamación e cor vermella da pel, podendo aparecer unha lesión similar a producida por unha queimadura. Son raros as náuseas, vómitos e cambras musculares. Nos casos máis graves pode haber perda de conciencia, febre, espasmos, dificultade respiratoria e shock anafiláctico. As picaduras das medusas son especialmente perigosas para os nenos, persoas alérxicas (atópicas, asmáticas), enfermos cardíacos e os que foron picados por medusas anteriormente.
Tratamento
Lavar a zona de contacto con auga de mar (nunca auga dulce), sen frotar a ferida. Aplicar unha solución con vinagre, amoníaco rebaixado con auga ou alcol, a fin de desactivar a toxina. Extraer calquera resto do corpo da medusa que puidese quedar adherido á pel. Aplicar xeo pero non de xeito directo (envolto nun paño, ou unha toalla), durante 15 minutos. Se fose necesario pódese aplicar hidrocortisona a nivel local, e tomar analxésicos orais.
Faneca brava
Dende o meu punto de vista, a máis temida. A faneca brava (Trachinus lineatus) é un pequeno peixe de 10 a 15 cm de lonxitude, é un habitual da costa do sur de Galicia. Ascende en verán ata a beira do mar, onde a auga lles cubre poco máis dun metro, permanecendo semisoterradas na area. Na zona dorsal presenta unha primeira aleta curta con espiñas velenosas, e na súa zona posterior un aguillón curto robusto e igualmente velenoso. A picadura produce unha dor punzante e moi intensa, que irradia rápidamente ao membro afectado, puidendo persistir durante 12-24 horas, e producindo edema (inchazón), adoremecemento e palidez.
Tratamento
Limpar a ferida con soro salino, frío ou auga de mar, para arrastrar os tegumentos e espiñas, e provocar vasoconstricción, e reducir deste xeito a cantidade de veleno que chega a sangue. A continuación, somerxeremos a zona afectada en auga mariña quente á 45ºC durante 30-90 minutos coa dobre finalidade de calmar a dor e inactivar a toxina (xa que é termosensible). Finalmente aplicaremos un antiséptico local; se procedera, un anestésico local e/ou analxésico oral.
Ourizo mariño
Os máis comúns nas nosas costas non son velenosos. Viven nos fondos rochosos e pouco profundos, e ao estar cubertos de espiñas poden provocar ferizas punzantes dolorosas ao pisalos. As espiñas poden quedar no interior da pel, producindo inflamación que pode evolucionar á pústula, que expulsa o fragmento da espiña ao abrirse. Noutras ocasións a espiña disólvese e a lesión se autolimita sen problemas.
Tratamento
Evitar poñer o pé no chan para que non se craven aínda máis as espiñas. Lavar a zona afectada con auga de mar e extraer se é posible as púas, coa axuda dunha agulla fina ou pinza, pra evitar que se desprace a tecidos máis profundos. Aplicar seguidamente un antiséptico para desinfectar.
Espero que estes consellos vos resolvese algunha dúbidas acerca de qué facer no caso de que vos pique un destes animais. Por certo, en cando ás fanecas, se non tedes auga quente preto (por atoparvos na praia), podedes soterrar o pé en area moi quente.
Nada máis, só me queda dicir que gocedes do voso día de praia (incluso se o día non acompaña coma hoxe).


