¿Lembras aquela cadeliña que brincaba e ladraba ao teu redor, e nunca deixaba de xogar contigo? ¿Ou o gatiño que maiaba pola súa comida e corría procurrando unha pequena pelotiña de lá? ¿E batala moito de menos, verdade? Pois hai unha persoa, que o seu desexo de recuperar a súa mascota foi concedido. Unha californiana é a primeira persoa en mercar cachorros clonados do seu can. Abraiante.
A cuestión é se clonar calquera ser vivo por puro capricho pode ser ético. Podo entender a ansia de moitos ecoloxistas por gardar material xenético de animais que están a piques de extinguirse, e utilizalo pra futuras clonacións. Pero sacando este creo que bo motivo, os demais parénceme pobremente xustificable.
Temos que ter en conta que o realmente valioso das especies é a súa vigorosa diversidade, é aí onde reside a súa forza. É importante sinalar a importante da variade xenética dentro dunha mesma especie, xa que a mesma vaise adaptando aos cambios producidos no seu entorno, no medio ambiente.
Por iso a ciencia non debería de mostrarse colaboradora con caprichos xenéticos de xente particular, e en certo modo, prohibir este tipo de técnicas que teñan como único obxectivo o cumplir o egoista desexo dunha persoa.
E outro punto máis: son moitos os animais abandonados polos seus donos, que necesitan un novo fogar. Gastar milleiros de euros pra ter o mesmo cadelo que morreu, paréceme tan só iso, un estúpido capricho xenético.
PARRAFADAS RECENTES