Vai de libros
Nestes datas de verán (que son de verán polo calendario, que non polo tempo), o xornal “La Voz” pregunta aos internautas do libro que recomendaría para este verán. Eu estiven pensando en cal sería o libro que recomendaría a alguén que lese nos seus momentos de lecer. Recomendaría algo lixeiro, e fresco, sinxelo de ler, interesante e divertido.
Eu recomendaría sen dúbida o libro “O curioso incidente do can a media noite“, de Mark Haddon. Pode que a moitos de vós nin vos soe, pero este libro acadou un grande éxito internacional, e está traducido a 35 idiomas (¡incluído o galego!). A historia é desenvolvida por Christopher, un neno autista, que nos deixa abraiados coa súa intelixencia e curiosidade, e ao mesmo tempo nos permite descubrir a súa lóxica aplastante fronte ao aparente desorde que o rodea. O libro achéganos ao mundo do autismo dende un punto de vista tenro e cariñoso, sen procurar ningunha inútil autocompaixón. O libro non gasta o tempo en descripcións puntuais, tan só os contínuos pensamentos de Christopher, na súa procura por atopar ao culpable da morte de Wellintong, o can da veciña. Un libro divertido que nos amosa canto podemos aprender dos que moitas veces consideramos cidadáns “especiais”. Se buscades o libro en galego, que saibades que pertence á editorial “Rinoceronte Editora“, que foi creada hai tan só 3 anos (en 2005), na localidade pontevedresa de Cangas do Morrazo (todo un descubrimento pra mín).
Espero que algún de vós (dun o espero máis que dos outros) gocedes tanto do libro como o fixen eu. ¿Algún de vós se anima a recomendarme un libro?