Cidadanía e lingua común
Ese é o título do novo artigo que publica Fernando Savater no xornal “El País” nas páxinas de hoxe. Eu son un gran admirador deste escritor e filósofo, porque temos moitas ideas coincidentes. Eu xa falara do “Manifiesto por la lengua común” no meu antigo blog, e xa dixera que estaba dacordo co mesmo nun 90%, sobre todo no tocante aos dereitos dos cidadáns a elixir a súa lingua e ao feito de que todos os españois temos un lingua en común, que é o castelán. Nembargante, existen un par de puntos nos que non se aportan datos concluíntes acerca do emprego da lingua autonómica e estatal na educación e nas administracións públicas. Sen dúbida, se fixeran o estudo en Galicia, tal vez os que asinaron o Manifesto, terían que enmudecer. Dubido moito que haxa unha persecución ou acoso aos castelán-falantes nas escolas ou nas administracións públicas. Os de “Galicia Biligüe” denuncian aos catro ventos esa suposta persecución, sobre todo da educación. Dise que estase cernando os dereitos dos rapaces dos castelán-falantes nas escolas, porque non poden elixir o castelán coma única lingua vehicular na educación. Pero non denuncian tampouco que os rapaces que falan en galego teñan na escola coma única língua vehicular o galego. E todos sabemos que non en todas as escolas e colexios de Galicia se fala única i exclusivamente en galego.
Ben, “Galicia Bilingüe”, na sua teimosía, reclaman, berran, e rachan as vestiduras polos dereitos dos castelán-falantes; se o fan polos galego-falantes o fan sempre coa boca tan pequena e tan baixiño que non sei cómo se fan chamar “bilingüe”. Eu pregúntome ónde estaban todos estes despois da chegada da democracia a España (prefiro non falar da ditadura porque escúdanse no feito que non había liberdade, que é curisosamente o que denuncian agora), digo, pregúntome ónde estaban, cando durante moitos anos seguían sen empregarse o galego nas aulas, aínda que a grande maioría foran galego-falantes. Pois probablemente dando clase.
Eu admiro moito a Savater. E xa o dixen, estou dacordo con moitos puntos do Manifiesto, exceptuándo algunha das súas reinvindicacións, que non teñen ningún sentido en Galicia. Creo que sería bo, que estes bos homes, que saben tanto, se apoien, cando menos, nun estudo fiable que lles diga cal é a incidencia dunha lingua e da outra nos diferentes ámbitos sociais. Non se pode facer unha denuncia porque catro (os de Galicia Bilingüe, por exemplo) digan que se están a cometer abusos. Primeiro hai que investigalo, demostralo con probas e despois denunciar.
Invítovos que leades o artigo de Savater, é moi bo. A ver qué pensades vós.
Agora xa te seguirei por eiquí.
A min tamén gústame moito Saváter, di o que pensa pensando no que dí, e non todas as personaxes que andan polo panorama mediático o fan.
Eu estou dacordo co manifesto sempre que a súa finalidade sexa defender a liberdade lingüística, nunca a imposición nin do castelán, nin de ningún outro idioma estatal.
Saúdos.
Por certo, púxenche un enlace.
ás veces coido que escriben os manifestos sen chegar a informarse antes, os galegos non lle temos fobia ao castelán, aqui non hai persecución algunha nin están conculcados os dereitos dos castellano-hablantes para nada, semella algo ilóxico pensar que o castelán está en perigo de extición como chegamos a escoitarlle dicir a algún.
un saúdo Luis