O «apartheid lingüístico» en Galicia (según NN.GG.)
Ía comezar esta entrada dun xeito moito máis agresivo. Despois de reflexionar por un intre, decidín que era mellor expoñer os feitos dunha forma máis moderada.
Resulta que as NN.GG. de Madrid, están levando a cabo unha campaña na que denuncian o «apartheid lingüístico» que sofren os castelán-falantes en Galicia, no Pais Vasco e en Cataluña. Eu, lóxicamente, terei que falar do caso de Galicia, xa que vivo aquí e non podo falar do que acontece noutras comunidades.
Dicir que en Galicia dase un «apartheid lingüístico» é faltar o respecto a todos os galegos. Quixera eu saber en qué carallo se basan pra dicir isto. Levo toda a vida vivindo en Galicia, e eu sempre me expresei en castelán, e ben o saben todos os meus amigos e familia. Xamáis, XAMÁIS tiven un só problema por empregar o castelán en Galicia. Nin agora, nin antes.
Paréceme gravísimo empregar a palabra «apartheid». Que eu saiba os castelán-falantes coma min non estamos en campos de concentración, nin a xente nos mira mal. No meu traballo tampouco está mal visto falar castelán, e aos clientes diríxime tanto en castelán ou en galego, según a lingua na que me fale.
É unha auténtica vergoña que poidan incluír a Galicia dentro das comunidades represoras e xenófobas, cando NON É VERDADE. O señor Feijoo, que para iso é o presidente do PP en Galicia, debería darlle un tirón de orellas aos de Madrid, e dicirlles que iso de «apartheid » é un insulto pra todos os galegos.
Se do que se queixan é que para optar a un posto público tes que saber falar galego, pois que se amolen, porque hai moita xente que fala galego, non por nacionalismo, senón porque é a súa língua natural. E iso o vexo eu todos os días cando atendo á xente maior na farmacia. Probablemente esa xente só fala do galego e son do PP.
¿En Galicia somos tan nacionalistas? Se tiveran estado os da NN.GG. na Ferrería o outro día, seguro que calarían a boca.
A ver se ao final o señor Feijoo é capaz de ser un pouco obxectivo, e pedirlle aos seus compañeiros que sexan un pouco máis moderados á hora de empregar certas palabras.
Luis
Acábome de enterar desta nova polo teu blogue, non podo máis que ficar perplexo ante tal falta de respecto ao noso idioma e á nosa cultura, dame a impresión de que esta xentiña de NN.GG non viven a mesma realidade que vivimos nós, eu son bilingüista, dende hai moitos anos que me expreso tanto en castelán coma en galego, indistintamente por desgraza, xa que gostaria máis de emprega-lo galego no meu dia dia do que o fago, e non por cuestió de principios, senón porque en determinados sitios non digo que non se me estexa permitido, senón porque non se “mira ben” expresarse en galego, inda si adoito fala-lo moito e sempre que podo, sobra dicir que ti e moitos coñecede-lo meu blogue e está escrito en galego nun 95%. O de apartheid é unha verba moi forte para expresar un clonficto lingüistico, aqui quen de verdade sofre as consecuencias e a asimilación sistemática por parte da língua dominante é o galego, o castelán goza de boa saúde, inda que digan o contrario os de Galicia bilingüe e os de NN.GG. de Madrid.
Unha vez máis os galegos e mailo seu idioma sofrimos ataques dende a Meseta, asi de claro, non é victimismo, é realidade.
Unha aperta Luis, noraboa polo artigo.
P.d. cousas coma ésta fan que este ano teña pensado acodir a tódolos actos que se desenvolverán en Pontevedra có gallo do dia da Pátria Galega e o pasamento de Alexandre Bóveda, non podo ficar parado namentres atacan ao meu idioma e maila miña cultura.
Penso o mesmo que ti Breogain, eu fiquei abraiado cando lin a nova, sobre todo cando lin a palabra “apartheid”, é moi forte empregar esta verba cando todos sabemos o que supuxo ese conflicto social en Sudáfrica.
Non sei se o obxectivo dos “cachorros del PP” é o de facer barullo e ruido, ou é directamente un ataque frontal contra a nosa lingua e a nosa cultura. A cuestión é que hai xente que lle guste crear un problema onde non o hai. É lamentable.
Mentres, eu seguirei estando atento a este tipo de novas, e denunciando este tipo de actitudes.
Un saúdo Breogain, e grazas polo teu comentario!
¿Cuántos formularios en castellano te oferce el ayuntamiento de Pontevedra para realizar los preceptivos trámites administrativos?
¿Por qué los reglamentos de subvenciones, incluso las de cultura tienen que estar sólo en gallego?
¿Por que las páginas web oficiales del Ayuntamiento de Pontevedra y de la Diputación sólo están en gallego?
¿Por qué no se puede leer el pregón de las fiestas de la Peregrina en españo o castellano?
¿Por que las actas municipales despues de más de quinientos años redactadas en castellano tienen que hacerse ahora solo en gallego?
¿Por que los servicios públicos en Galicia no están rotulados de una forma bilingüe?
[...Este pasado fin de semana entereime da nova ao traveso do novo blogue de Luis (ex radio Macuto), un blogue pontevedrés chamado a Eiriña de pedra, lugar no que como antes xa adoitaba facer, fala de infinidade de cousas que lle veñen á cabeza. Xa escoitara dias atrás algo do tema este do Manifiesto en defensa de la lengua común, iniciativa presentada no Ateneo de Madrid e respaldada por unha serie de escritores ...]
¿porqué unha persoa non pode da-lo perfil nun posto de traballo por ser galegofalante?
¿porqué os cativos galegofalantes voltan á casa falando en castelán cando a súa língua materna é o galego e suponse que van á escola a aprender e non a esquecer cousas…?
¿porqué non apareceu Galicia Bilingüe hai corenta ou cincuenta anos, cando o galego estaba perseguido e aldraxado polas institucións e polos poderes públicos…?
¿Porqué o Concello de A CORUÑA se gastou 300.000 euros ao longo de anos e anos tentando defender o indefendible e indo en contra da lei que di que a única forma legal dos topónimos galegos é en galego?
¿Porqué nunha administración pública se lles falo en galego eles teiman en falarme en castelán, cando estou no meu dereito de ser atendido na miña língua?
¿porqué esa teima en atacar ás línguas periféricas, que danos fixeron, están a facer máis dano ao castelán do que éste lles fixo o longo de séculos…?
1ª Hoy en día a nivel laboral, máxime si son empresas de servicios turísticos, se exige saber idiomas que entiendan millones de personas, señaladamente el inglés o el castellano por poner algún ejemplo.
2ª Los pequeños vuelven a casa hablando castellano porque será la lengua de referencia, el mundo que les ha tocado vivir, a nivel de medios de comunicación, música, interenet, etc, entre otros extremos, además de ser la lengua materna de miles de gallegos.
3ª Hace algunas décadas era difícil que apareciera asociación cultural alguna porque vivíamos en una dictadura. Hoy la xunta sólo proporciona en gallego los estatutos para la creación de cualquier asociación cultural, vecinal, deportiva etc.
4ª Es normal el topónimo “La Coruña “ es la forma histórica por antonomasia, la que aparece en los miles de metros lineales de los archivos. Repárese que fue La Coruña la sede de la Audiencia, la Capitanía o el Puerto. Lo que no se entiende es como puede promulgarse una ley que no respete este topónimo histórico y popular con independencia que en gallego varie el artículo
5ª Hoy en Galicia la Administración del Estado es totalmente residual. También hay casos donde el gallego es la lengua prácticamente exclusiva véase a nivel de Xunta o de algunos ayuntamientos. Se puede decir que en los últimos años el castellano fue laminado de las administraciones que operan en Galicia.
6ª Nadie ataca a ninguna lengua periférica. Pero hay que tener la dignidad y la valentía de reconocer que el castellano es la lengua prevalente, la común, la que nos une la que se usó desde hace más de cinco siglos en nuestra administración, la que se exportó a América dando lugar al fenómeno del hispano. Es más es la lengua que permite y da unidad a territorios como el Pais Vasco para que un vasco de Bilbao pueda entenderse con un guipuzcuano o un alavés, pues el vascuence siempre fue un fenómeno lingüístico residual y fragmentado. Ahora si cada provincia quiere jugar a ser una nacioncita allá cada uno.
Centulo, podería ir discutindo un por un todos os puntos que ti tocaches, pero voume limitar ao derradeiro, porque me parece o máis grave.
Dicir que temos que porque haxa unha lingua prevalente e común, xa temos que defendela, é absurdo. Porque a cuestión é que unha lingua serve para comunicar, que ese é o seu obxectivo, e non pra expresar ningún ego nacionalista. Que haxa algún sector ou partido nacionalista en Galicia non quere dicir que o poida extrapolar a todo o mundo, e iso foi o que fixo precisamente as NN.GG. de Madrid.
Critican aos nacionalistas galegos por defender o emprego do galego, e non facelo cando o fan os españolistas co castelán, é unha estupidez supina. Aquí o galego non está imposto, por moito que digan os de fóra, e o digo eu que son castelán-falante, e non sufrín nunca ningún tipo de represión ou represalia.
E vou dicir máis: moito criticades ao galego, que se lle quita espacio ao castelán, que se o ataca, blabla… Non é precisamente o galego o que máis dano fai ao castelán, senón que é o idioma do parking, do fast-food, do software e do hardware, do paint-ball, ou do football… Non te enganes, Centolo, o voso inimigo non é o galego, é o INGLÉS. Se hai un idioma que o degrada totalmente é este, e non o galego ou o catalán.
Defendes que o castelán é o idioma común do estado. Pois o inglés o é do mundo, e postos a ver cousas máis grandes e imponentes… Pois nada, abandoemos todos as nosas linguas, e falemos inglés, que é común e universal.
Se se quere manter vivo o galego é porque hai moita xente que o fala, porque foi o idioma de Galicia durante moitísimos séculos (non se inventou hai tres anos co BNG), e porque aporta riqueza cultural a este país.
E volvo repetir. Dicir que hai apartheid en Galicia cos castelán-falantes é unha auténtica mezquindade, propia de xente que non sabe, ou non quere saber, porque esa non é a realidade galega.
Un saúdo
Breo, non gastes enerxias tentando convencer o Centulo, home. Simplesmente con ler o que puxo sobre “el fenómeno del hispano”, que o euskara “es un fenómeno residual e fragmentario” e que “es el mundo que a los niños les ha tocado vivir”, xa se dá un conta de que é como bater contra un muro.
Centulo, anda, le un pouquiño, viaxa; que muito nos acusades aos demais de sermos uns “cabecicubos”, mais à hora da verdade, ben se ve qué argumentos gastades para defender os vosos delírios.