Facer deporte en Pontevedra e arredores
Ben, xa hai tempo que non fago deporte. Hai dous anos era un costume, ía todas as semanas á piscina e corría sempre que non chovía. Teño que dicir que daquela vivía en Santiago, e a piscina quedaba ao carón da miña residencia universitaria, e a Alameda estaba a dous minutos a pé.
Despois, desgraciadamente tiven unha operación e non puiden facer deporte por máis de dous meses. Durante ese tempo perdín o costume, e daquela estaba moi atarefado co doctorado, coas clases de alemán, cunha bolsa de colaboración do Colexio Maior, e facendo o CAP. Estaba 24 horas ocupado.
A cuestión é que pasou un ano, e fun a Inglaterra, e despois da rica dieta inglesa basada en chocolatinas e papatiñas e o nulo deporte que fixen, deu coma resultado 10 quilos de máis, e outra vez, unha alerxia ao deporte case enfermiza.
Por iso coa chegada do verán, decidín mercar a miña nova bici e andar un pouco con ela pola cidade e arredores, e ir correr un pouquiño pola cidade.
Hoxe fun correr, e vaia, si que estou de baixa forma. Sei que ao principio desmoraliza moito, que leva moito tempo, que hai que ter forza de vontade e non se lle pode quitar importancia a faltar un día, a dicir que non pasa nada porque hoxe non faga deporte. Pero estou decidido, e agora que por fin teño a metade do día libre, teño tempo dabondo pra facer algo de deporte.
En Pontevedra o único espazo que hai pra practicar deporte, é, obviamente, a beira do río Lérez. Tanto dun lado coma do outro. É certo que os “circuitos” son suficientes en canto ir correr, aínda que non acontece o mesmo se falamos da bici. A cidade é moi incómoda pra ir con ela, tes que meterte entre os coches, e os paseos quédanse pequenos para os percorridos que poden facerse. Saír fóra de Pontevedra non mellora as cousas, xa que noutros concellos, coma Marín ou Poio, non teñen carril-bici e achegarse ás praias convértese nun exercicio de temeridade.
O luns achegueime ata as praias de Marín, e collín a antiga estrada que une as dúas vilas. A estrada é estreitiña, e hai bastante tráfico, non só de coches e autobuses, tamén de camións que entran na factoría ENCE. Ademais hai que soportar o cheiro de Celulosas e da depuradora (que sinceiramente non sei qué é peor). Ao chegar a Marín collo o paseo; sei que teóricamente non podo ir por aí, pero prefiro a multa a chocar cun coche. Despois tan só queda un pequeno tramo ata ás praias, onde xa puxeron (o que me sorprendeu gratamente) un carril-bici dende a estrada nacional baixando ata Portocelo. Pero aí remata, e tes que incorporarte de novo á estrada.
É unha mágoa que os concellos non lle dean un impulso decidido ao uso da bici, e promocione prácticas saludables entre a poboación, coma é o deporte.
¿Sabedes dalgún espazo nos arredores pra poder saír coa bici? Estou seguro que Breogain sabe dalgún. ¿E os demais? ¿Sabedes dalgún?
(A fotografía foi extraída da páxina: www.vitadelia.com)
Pois penso que en Pontevedra, o mellor para facer bici é a Xunqueira de Lérez, ao carón da autoestrada, podes facer un circuito chulo e darlle varias voltas (estou falando en plan mountain bike), tamén se queres ir máis tranqui podes pasear por alí que tes espazo dabondo, eu coa miña bici adoito subir á Caeira ou ao campo de golf do monte castrove, moi tranquilo e cunha estrada ben asfaltada e ancha, podes colle-lo desvio á dereita en Samieira e tira todo para arriba
Polo demais, tamén podes subir ao monte da Fracha, onde o Polígono do Campiño, senón unha voltiña por Mourente non está mal, tes camiño a barullo.
Un saúdo Luis
luchy!!!
se baixas a correr a secas, dm unha perdida a mi móvil nuevo (el cuarto este año, el tercero murió en la lavadora la smeana pasada) que es el numero de siempre en una carcasa nueva, trankilo, me niego a daros otro numero nuevo
lo dicho, me pillo una bici pa ir contijo, canto che costou a preciosidade esa?
hey!!!!!
este bloj, a diferencia de su hermano castellano, q debe de ser más fachilla, no censura los comentarios que no esperan a ser “moderados”!!!!!
como cuuuuuuunde!!!!
Gracias Dani polos teus comentarios, sempre son moi constructivos! Hahaha! Unha aperta, teño presa que estou traballando!
Ciao!
Antes de nada noraboa polo teu novo blog.
Sobre onde ir coa bici, a verdade non o sei. Agora dende aqui unha crítica os poucos sitios que temos na cidade pra facer deporte xa non ciclismo senón en xeral.
Ahora pelan los árboles en el “Parque de la famili.”(Illa das Esculturas) y hacen un nuevo campo de hierva sintética, mmm seguro que los chavales podrán jugar ahí cuando quieran.
Otra cosa que vuelvo a criticar Hace 15 años había mas zonas deportivas Públicas que hoy; ejemplos:
-Campo de futbol7 y frontón de la Aneja; ahora pabellón universitario.
-Campo pequeño de futbol en el estadio de la juventud, ahora parking privado.
-Campo pequeño de baloncesto en el estadio de la juventud, ahora parking privado.
-2 campos pequeños de futbol y canastas en la Junquera, ahora pabellones de los colegios(aquí les corresponde a cada centro).
-Donde estan haciendo los campos nuevos de hierva sintéticos pseudoprivados antes eran de arena publicos.
En definitiva si quieres echar una pachanga con los colegas o pagas o peleas con otros grupos por las escasas zonas deportivas públicas de esta ciudad(villa).
*O tiña feito en castelán epor non cambialo..
Pois si Ravachol, a verdade é que nos últimos anos é cada vez máis difícil practicar deporte na cidade, co importante que é pra unha sociedade, pra a súa saúde e pra relacionarse.
Grazas polo teu comentario.
Por certo Breogain, moitas grazas polo teu comentario tamén, vou falar con varios amigos a ver se se animan e imos todos xuntos en bici por todas esas rutas das que falabas ti.
Un saúdo a todos!
Pois desfruta da bicicleta, e un deporte fantástico, eu practiqueino unha chea de anos, agora boteime a perder ….jajaja.
Saúdos a todos