Rebaixas
Admítoo. Son culpable. Finalmente, coma cada xullo (e xaneiro) non puiden resistir a tentación de achegarme aos comercios a “cheirar” o que había de rebaixas. A miña intención era a de mercar uns tenis novos, que os meus xa están bastante vellos, e ao final “piquei” en case todas as tendas. Resultado final: dous polos, unha camiseta, un pantalón curto, uns vaqueiros e terei que agardar polos ditosos tenis ata o venres, porque hoxe non tiñan a miña talla. Menos mal que sempre merco polo baixo, é dicir, tan aquilo que é realmente barato. Así, entre todo, tan só chega aos 100 € (que xa é dabondo, pero tendo en conta todo o que levei, non está mal). E ademais, podo dicir que todo o que comprei foi porque o necesitaba.
Non sei se é unha pura coincidencia, pero o certo é que vin moita menos xente nestas rebaixas, non sei se é pola crise económica, porque é unha mañá de martes, día laborable, ou porque a xente prefire agardar a un pouco máis adiante para mercar máis barato. A cuestión é que hoxe daba gusto ir mercar, xa que non había que facer colas para probar a roupa, e non había que agardar moito para pagar. A verdade é que había algunha cousa decente, e que tiña un bo precio.
Pois nada, recoméndovos que deades unha volta por Pontevedra, e se vedes algo que vos gusta, que necesitades e ten un bo precio, ¡mercádea!
¡Sorte nas rebaixas!
pois inda non fun ás rebaixas, pola semana có traballo écheme imposible de todo, agardarei polo tanto ao sábado, pero claro, non ha de ser como ti dis, o sábado estará petado de xente mercando e tereime que pelexar con eles..jajaja, agora que o penso un pouco, a ver se merco un polo, unha camisola e un bañador, de calzado xa vou servido polo de agora, ahh, e unha gorra chula que ollei na tenda de deportes de Vialia, a ver se rebaixaron tamén alí os prezos
un saúdo Luis, e sorte có proxecto, pasareime de cando en vez e porei a túa nova url nos favoritos do meu blogue.
apertas
Pois a ver se atopas tantas cousas coma min, a verdade é que foron unhas rebaixas con moita chorra, puiden atopar exactamente o que procuraba, daquela estou contento co mercado.
Gracias polo teu apoio, espero ir mellorando os blogs a medida que paso o tempo, agora podo dicir que os teño dun xeito un tanto chafañeiro, porque a verdade é que non teño moito tempo.
Pois nada, gracias outra vez, se tivese que darlle a alguén o título ao máis educado do blogomillo pontevedrés sería a ti!
Un saúdo!
trankilo con el consumismo: eso fue x una buena casua, yno nunca me compro ropa q es tonteria no usar los mismos gallumbos toda la semana, ni llevar los mismos vaqueros con lampraones para que tobío comente lso agujeros de mi camiseta,…no, el verdadero problema para la economiá española no es ese, no…..el autentico problema de esta sociedad de consumo española son….
!!el precio abusivo de los cubatas!!!!!!
y si no, que se lo digan a mi cartera, q salió este jueves con cien eurillos en el fondo, y se despertó a la mañana siguiente con una enorme resaca y tan sólo 13 euros para pagar un litro de helado pa comer y un tiquet de doce euros hasta lugo…
en fin, siempre quedará el consuelo de q en estocolmo las copas estaban a 100 koronen… (más de 10 eurillos), y en los bares de valencia a los q me llevó el vieri, a precio de suecas….