Benvidos

2008 Xuño 29
by Luis

Hai un tempo, descubrín un escritor sudamericán chamado Mario Vargas Llosa. O primeiro libro que lin del titulábase “La Ciudad y los Perros”. A verdade é que enganchoume dende a primeira páxina ata á derradeira. Despois lin algúns máis, que do mesmo xeito me fascinaron. Nun deles, o escritor falaba da fobia do escritor fronte a páxina en branco. Esta fobia, esta dificultade, é case universal. Case calquera tarefa tórnase complicada cando tenta iniciarse, xa que moitas veces non sabemos por onde comezar.

E o primeiro paso sempre é o máis importante. Deixa unha pegada, un significado, un inicio, un trazo que marca o camiño a realizar. Xa o deixa ben claro a sapiencia popular, ao ensinarnos que “a primeira impresión é a que conta”. A que conta, cando menos, ao principio. É coma ese primeiro apertón de mans, esa primeira conversa, esa primeira mirada, en definitiva, esa marca que deixamos e nos deixan cando nos presentan a alguén.

Do mesmo xeito, eu quero deixarvos unha sinal na vosa retina, que levo a sinapse nerviosa ata o voso cerebro e cheguedes a “engancharvos” a esta nova bitácora.

Dos que xa seguiades a meu antigo blog “Radio Macuto”, dicirvos que a miña nova bitácora mudará un pouco o estilo do anterior, pero seguindo unha liña semellante. Para os novos, que saibades que este novo portal xirará en torno á Galicia, á política local e autonómica, á sociedade galega, ás súas tradicións e festas, e un pouco ao persoal.

E da antiga “Radio Macuto” (e aquí si hai unha grande novidade) xorden dúas novas bitácoras, esta propia, e “Pereza”, a bitácora en castelán, e na que abordarei temas diferentes e tamén, iso espero, interesantes.

O por qué facer dúas novas bitácoras, e mudar de servidor (de blogger a wordpress), é basicamente por cambiar o que estaba facendo ata o de agora, e aportar novas e frescas novidades. WordPress ofrece un aspecto máis profesional e o mesmo tempo facilita algunhas accións que entorpece blogger.

Espero que gocedes tanto como min das dúas novas bitácoras, e que participedes, xa que sen os vosos comentarios, o blog non tería sentido.

Un saúdo a tod@s e grazas por lerme por anticipado.

7 Respostas leave one →
  1. 2008 Xuño 29

    ¡Sorte rapaz! Intentaremos seguilo, na medida do posible.

  2. 2008 Xuño 29
    Die permalink

    Non entendo nada…

  3. 2008 Xuño 30
    luisnog permalink

    Die, ¿qué é o que non entendes?

  4. 2008 Xuño 30
    Rafa permalink

    Luis, por si quieres modificar la última entrada de Radio Macuto, el enlace a Pereza está mál puesto.
    Un saludo

  5. 2008 Xullo 1
    luisnog permalink

    Gracias Rafa, ya lo corregí. Espero que participes más veces en mi(s) blog(s). Un saludo!

  6. 2008 Xullo 2
    deimi permalink

    Luchy, gracias x mencionarme en los agradecimeintos de radio amcuto, asbes q tasslejof burfut simepre estará akñi, dispuesto a entrar una vez cadad os meses y a hacer comentarios destructivos, animaladas e incoherencias varias (y mal escritas, xq al igual q rosalia q jamas corregia sus escritos, taslejof burfut desconoce el significado del corrector de ortografia de word)

    viva mario margas llosa, ese no es el de pantaleon y las visitadoras? lo tengo de sobremesa bajo tu alquimista y una pila de perzs revertes q ocupan todas mis noches ultimamente

    luchy, sorte cos teus novos blojs, aki contaras con un lector asiduo y comentador voraz, sobre todo aki, q non censuran os meus comentarios a diferencia q no bloj con nome de grupo de rock de madrid, q solo admite comentarios”moderados”….

    eso sí….el…..

    aparece en lso dos, yo no se si es cosa de mi ordenata…
    jajajaja, para eso te cambias de software….

  7. 2008 Xullo 2
    Luis permalink

    Me acabo de dar cuenta que eso es de copiar y pegar del word! Trataré de borrarlo! Gracias por decírmelo Dani! Un saludo

Deixa un comentario

Note: You can use basic XHTML in your comments. Your email address will never be published.

Subscribe to this comment feed via RSS